Pachi Vázquez denuncia a perda de 17.000 postos de traballo e 6.000 millóns pola paralización do Plan Eólico

Pachi Vázquez denuncia a perda de 17.000 postos de traballo e 6.000 millóns pola paralización do Plan Eólico

Pachi Vázquez denuncia a perda de 17.000 postos de traballo e 6.000 millóns pola paralización do Plan Eólico

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, anunciou que os socialistas pedirán a comparecencia do presidente da Xunta de Galicia pola perda de 17.000 postos de traballo e de 6.000 millóns de euros como consecuencia da paralización do Plan Eólico posto en marcha polo anterior Goberno da Xunta.

Vázquez explicou que o Goberno do Estado acaba de anular as primas ás enerxías renovables, o que significa “un mazazo” con consecuencias “dramáticas” para a economía galega.

O líder dos socialistas galegos lembrou que non hai moito tempo o Goberno galego nos colocaba o Plan Rexurde que cun investimento de 5.953 millóns de euros crearía 14.000 postos de traballo, co que se paliaría de forma importante os déficits da economía galega.

Recordou que para poñer en marcha este Plan Eólico se anulou o Plan Eólico do anterior Goberno da Xunta exclusivamente por motivos “políticos e ideolóxicos”, xa que o TSXG avalou a súa legalidade e desmentiu as presuntas irregularidades das que falaba o PP.

“A decisión de Feijóo de paralizar o anterior Plan Eólico significa a paralización e desaparición do actual Plan Eólico”, porque hoxe teríamos preasignados os megawatios para Galicia, e pola contra agora quedamos sen 6.000 millóns de euros de investimento, sen 14.000 postos de traballo, “e o máis importante, a decisión do Goberno en Madrid vai a provocar a destrución de máis de 2.000 postos de traballo estables, os que fabricaban os compoñentes de elementos para enerxías renovables.

Dada “a dimensión e calado” do asunto, os socialistas pedirán a comparecencia do Presidente da Xunta de Galicia, para que explique por que a semana pasada seguía dicindo que o desenvolvemento do Plan Eólico galego ía ser un elemento clave para a economía galega, por que esa decisión do Goberno do Estado significa a paralización de Galicia e por que é o cómplice necesario paralizando o plan anterior”.

Ademais, pedirá ao Goberno do Estado que faga unha excepcionalidade con Galicia igual que o fai con Canarias, porque “non podemos darnos o luxo de destruír 17.000 postos de traballo máis coa que está caendo”.

Pachi Vázquez fixo estas declaracións nun almorzo informativo cos medios de comunicación da provincia de Ourense, onde hoxe manterá dúas reunións dentro da campaña “Galicia a nosa tarefa”, encamiñada á escoita activa de militantes, simpatizantes, e colectivos representativos do ámbito social, empresarial, cultural e veciñal dos distintos concellos galegos.

O obxectivo da campaña é recoller as súas inquedanzas e propostas, a fin de incorporalas ao documento base que o PSdeG está a preparar de cara ao XII Congreso Galego e que conformará o proxecto dos socialistas para as eleccións autonómicas.

Concretamente, Vázquez manterá un xantar de traballo cos deputados provinciais, alcaldes, portavoces e secretarios xerais socialistas da comarca de Ourense, e pola tarde terá unha xuntanza en Verín con cargos orgánicos e institucioanis do partido nas comarcas da Limia e Monterrei.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar