Pachi Vázquez denuncia a "complicidade de Feijóo" co "regalo" de NGB incluíndo os 9.000 millóns de euros de diñeiro público cos que foi saneada

Pachi Vázquez denuncia a "complicidade de Feijóo" co "regalo" de NGB incluíndo os 9.000 millóns de euros de diñeiro público cos que foi saneada

Pachi Vázquez denuncia a "complicidade de Feijóo" co "regalo" de NGB incluíndo os 9.000 millóns de euros de diñeiro público cos que foi saneada

O presidente do Grupo Socialista, Pachi Vázquez, criticou a “complicidade” amosada por Feijóo e o PP co “regalo” de NGB por subasta aberta entre agosto e setembro. Así o dixo na Deputación Permanente do Parlamento na que os socialistas reclamaron a comparecencia de Feijóo para dar conta do proceso de venda da entidade, que foi rexeitada polo PP.

Pachi Vázquez reclamoulle ao presidente da Xunta que “dea a cara diga que está de acordo con que un fondo de inversións americano” adquira a entidade, tal e como afirmou hoxe o portavoz do PP. Salientou que “xa sabemos o que di o goberno galego a través de Puy –portavoz do Grupo Popular-, que apoian a venda a fondos de inversións”.

O líder socialista cualificou de “dramático” e de “vergonza para o goberno galego” exercer de “cómplices necesarios” na venda da entidade “por un puñado de euros”. O responsable socialista esixiulle ao goberno galego que defenda os intereses de Galicia en lugar de amosarse “colaboracionista con quen vai regalar o banco” e dixo que Feijóo será “o enterrador dun banco que reflotaramos con diñeiro público”.

Lembrou que a realidade do proceso é que a entidade galega sexa entregada cos 43.000 millóns de euros dos aforros polos galegos e galegas –que teñen 2,3 millóns de contas abertas na entidade-, os 9.000 millóns de euros de diñeiro público inxectados e os 1.800 estafados aos preferentistas.

Reclamou así a comparecencia do presidente da Xunta para dar conta dos “bandazos” deste proceso porque, dixo, “non podemos permitir” que o goberno, o Banco de España, o Ministerio de Economía e o FROB consumen a operación. Subliñou que “ninguén vai perdoarlle aos parlamentarios galegos que diante de nós desaparezan miles de millóns de euros de diñeiro público”.

Esixiulle a Feijóo que compareza para responder ás preguntas dos galegos e galegas que “queren saber qué vai pasar con Galicia, coas entidades, os créditos, os clientes, os asociados e os traballadores da entidade”. Advertiu que “ou vamos á praia e nos tumbamos ao sol e ao volver vemos qué pasou coa subasta do sistema financeiro galego ou o Goberno de Galicia terá que actuar para que pase o que queremos que pase”.

De Guindos

O líder dos socialistas galegos lembrou as declaracións do ministro de Economía, Luis de Guindos, quen o pasado 24 de xuño descartaba a premura na venda dos bancos nacionalizados sinalando que “tampoco tenemos que correr”. Advertiu que inmediatamente despois o FROB anunciaba de maneira sorpresiva o inicio da subasta nos meses de agosto e setembro.

Criticou que as únicas vías que se abren para o futuro da entidade é a súa compra por un fondo de inversións por moito menos do diñeiro investido para o seu saneamento ou por un banco español que para iso pide un esquema de protección de activos de 3.000 millóns de euros de fondos propios. Criticou que exista un esquema de protección de activos para a banca “pero non para os preferentistas”.

Tax lease

Pachi Vázquez tamén interveu hoxe para reclamarlle a Feijóo unha estratexia financeira eficaz para axudar ao sector naval, e acusou ao PP e ao goberno galego de utilizar o tax lease como “burladeiro” para “agocharse detrás” e ver cómo “morre” o sector. Así o dixo logo de coñecer a negativa do PP a celebrar un Pleno extraordinario sobre a situación do sector, tal e como solicitaron os socialistas na Deputación Permanente celebrada hoxe.

O líder socialista comezou apoiando unha declaración institucional conxunta en defensa do sector e ofrecendo o “apoio incondicional ao presidente do goberno galego” para defender ao naval na xuntanza que manterá mañá xoves co Comisario Europeo da competencia.

Pachi Vázquez subliñou que Galicia necesita amosar unidade na defensa do naval galego “para evitar que Bruxelas cometa unha inxustiza manifesta” ao obrigar a pagar as desgravacións fiscais do naval, coñecidas como tax lease. Puntualizou que a responsabilidade das axudas son dos gobernos que as avalaron a través dunha Lei, aprobada por Aznar en 2002, e non das empresas que se acolleron a ela.

O responsable socialista salientou que “ademais de aprobar hoxe unha declaración institucional temos que dar un paso mais” e convocar un Pleno Extraordinario polo que os deputados e deputadas non cobren e ao que asistan os traballadores do sector, os empresarios e as forzas sindicais.

Criticou a responsabilidade do goberno galego na falla de estratexia financeira para un sector, o do naval galego que conta con capacidade tecnolóxica e recursos humanos. Dixo que o desleixo de Feijóo ten provocado que mentres no País Vasco e Asturias a contratación naval aumentou un 40 e un 30 por cento, respectivamente, en Galicia descendeu un 22 por cento.

Advertiu que co mesmo problema do tax lease, as dúas comunidades autónomas teñen asinado novos contratos mentres en Galicia “pecharon 75 empresas e esfumáronse 12.000 postos de traballo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar