Pachi Vázquez denuncia a "cerimonia da confusión" de Feijóo sobre a sanidade pública

Pachi Vázquez denuncia a "cerimonia da confusión" de Feijóo sobre a sanidade pública

Pachi Vázquez denuncia a "cerimonia da confusión" de Feijóo sobre a sanidade pública

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, denunciou a "cerimonia da confusión" do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e sinalou que "a comisión para o desmantelamento da sanidade pública non a debe presidir Felipe González, senón José María Aznar".

En declaracións a EFE, Vázquez considerou que Feijóo se encontra inmerso nun "debate obsesivo", que non é para mellorar o financiamento da sanidade pública, senón para desmantelala, e criticou que se formulase precisamente unha semana despois de concluír a campaña electoral e non antes. Núñez Feijóo afirmou onte que o Goberno non pode actuar coma se non existisen os 15.000 millóns de débeda na sanidade pública, e propuxo a creación dunha comisión de expertos, que na súa opinión podería liderar Felipe González, para buscar solucións.

Para o dirixente socialista, o PP quere "enmascarar" o seu modelo de sanidade cun falso debate sobre o financiamento deste servizo público.

Na súa opinión, "antes de falar do financiamento da sanidade hai que falar do financiamento de todo o superfluo que ten este país".

Neste sentido, considerou que "antes de falar de recortar a sanidade haberá que pechar os 50 chiringuitos que temos ou reconducir os concellos ou as deputacións, pero empezar por sacar o principal... -subliñou-, eu iso non o comparto en absoluto".

Insistiu en que "empezar o desmantelamento ou recorte do Estado social antes de facer o que é o axuste económico do resto, do que non é esencial, me parece unha absoluta deslealdade e só ten unha clave claramente ideolóxica", reiterou.

Así, ironizou que "a comisión para o desmantelamento da sanidade publica que propón Feijoo, quen a ten que encabezar non é Felipe González, é Aznar, Esperanza Aguirre, Camps e Feijoo", porque Felipe González -engadiu- o que esta dicindo é xusto o contrario, que é que á sanidade pública non a touca máis que para reforzala e máis que para mellorala.

Pachi Vázquez cre que Núñez Feijóo iniciou unha "cerimonia da confusión, moi propia dun presidente que é capaz de dicir en Madrid que se deben 15.000 millóns e que están as facturas escondidas nos caixóns e que, cando chega a Galicia, di que non debe nada, cando as empresas farmacéuticas din que lle deben 280 millóns de euros, un aumento do 164 por cento.

O secretario xeral do PSdeG apuntou que Núñez Feijóo é "un presidente que crea un modelo sanitario que é no ano 2010 no que máis crece o gasto farmacéutico por habitante e que é capaz de enganar a todos os galegos dicindo que aforra 42 millóns de euros co catálogo de medicamentos, cando aforra exactamente o mesmo que todas as Comunidades que non tiñan catalogo, porque o aforro procede da redución de prezos a nivel estatal,".

"Por iso -concluíu-, toda esa operación cosmética para desmantelar a sanidade pública poñendo por diante as dificultades financeiras é unha manobra ideolóxica da dereita máis ultraconservadora que ten este país e para iso nunca encontrará apoios do Partido Socialista en Galicia".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar