Pachi Vázquez defenderá no Parlamento un gran pacto polo crecemento e a blindaxe dos servizos públicos básicos, que serán a base da acción política do PSdeG

Pachi Vázquez defenderá no Parlamento un gran pacto polo crecemento e a blindaxe dos servizos públicos básicos, que serán a base da acción política do PSdeG

Pachi Vázquez defenderá no Parlamento un gran pacto polo crecemento e a blindaxe dos servizos públicos básicos, que serán a base da acción política do PSdeG

Na reunión da Executiva, celebrada en Pontevedra, o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE tamén adiantou que será o encargado de defender, no vindeiro pleno a proposición non de lei socialista para blindar o financiamento da Sanidade e a Educación públicas, rexeitando o copago

Vázquez manifestou o rexeitamento dos socialistas ás propostas de Gallardón de suba de taxas e modificación da planta xudicial e anunciou unha batería de iniciativas en concellos e no Parlamento de Galicia

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, anunciou hoxe en Pontevedra que os socialistas galegos levarán ao Parlamento un gran Pacto polo Crecemento e os Serivizos Sociais Básicos, substanciado nunha iniciativa parlamentaria que o propio Vázquez asumirá a súa defensa no Pleno da Cámara.

O líder socialistas é consciente das poucas posibilidades de prosperar de esta iniciativa, “porque a dereita non quere escoitar falar desto”, por iso que en paralelo ao seu trámite parlamentario os socialistas galegos a presentarán a sindicatos, empresarios e demais interlocutores sociais, co fin de dar a coñecer o que Vázquez definiu como a folla de ruta para propoñer solucións á crise, baseada no impulso do crecemento económico, “como xa reclaman incluso desde sectores do PP”, recordou.

A Executiva dos Socialistas de Galicia trasladou hoxe a súa reunión á cidade de Pontevedra. Neste marco, o seu Secretario Xeral anunciou ademais a defensa, no pleno da semana que ven, dunha proposición de lei “para blindar o financiamento da Sanidade e a Educación públicas”.

Ambas iniciativas, a que pretende a blindaxe da Educación e a Sanidade e o Pacto polo Crecemento, serán os dous eixos fundamentais do proxecto do PSdeG para Galicia, así como do programa co que concurrirá ás próximas eleccións autonómicas. De aí que a defensa de ambas propostas será defendida polo secretario xeral, tanto no Parlamento como ante a sociedade en diferentes encontros e reunións sectoriais.

Na Executiva celebra hoxe, Pachi Vázquez demandoulle tamén a Feijóo que “clarifique a posición do Goberno sobre o Sistema Financeiro Galego”, cuxo obxectivo debera ser, segundo explicou, facer fluír os recursos económicos cara os créditos empresariais e persoais.

Recrimina ao titular do Executivo galego que se cargue o peso da crise sobre pensionistas e estudantes. Denuncia que detrás de cobrarlle aos pensionistas un 10% das medicinas atópase unha decisión ideolóxica que agocha a intención de “romper o Sistema de Saúde”. Non é unha medida de austeridade, insiste Vázquez, é “colocar a pensionistas que cobran na contorna dos 600€ no limiar da pobreza”. O mesmo que elevar as taxas da matrícula universitaria aos aos fillos dos traballadores é “promover unha Educación dual”, para ricos e pobres.

Sobre as esixencias de Feijóo dun trato igual para NGB que para Bankia, lémbralle o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE que o Banco de España xa ten o control de más do 90% deste banco, polo que non son situacións comparables a de Bankia e a do banco galego.

Demanda do Presidente galego que dea a coñecer cal é a proposta do se Goberno diante do novo escenario aberto tras a nacionalización, e logo de que suban os modelos de garantías, o que, a xuízo dos socialistas galegos, dificulta máis a viabilidade de NGB. Os galegos e galegas, os miles de clientes, “queremos coñecer o seu futuro”, dixo Vázquez, quen ofreceu o apio do PSdeG-PSOE para buscar unha solución, pero “non seremos cómplices da indefinición” da que fai gala Feijóo e o seu Goberno.

Reclamou tamén unha solución para os aforradores “atrapados” polas preferentes, para que “se lles busque unha saída”, xa que todos os bancos resolveron este asunto a excepción de NGB.

En relación á proposta do Goberno de Rajoy para a nova demarcación de planta xudicial e subida das taxas, Pachi Vázquez adiantou a posición contraria dos socialistas galegos a ambas medidas, e anunciou que presentarán unha batería de iniciativas no Parlamento e en todos os concellos de Galicia. Para Vázquez a proposta de Gallardón afasta a Xustiza dos cidadáns e vulnera o acceso en igualdade dos cidadáns con poucos recursos.

GALICIA A NOSA TAREFA

En Pontevedra, berce de Valentín Paz Andrade, os socialistas galegos aprobaron en Executiva unha declaración que o seu Secretario Xeral, Pachi Vázquez, leerá nun acto que terá lugar o vindeiro mércores ante o panteón familiar, no Cemiterio de Lérez, acompañado da familia e amigos do galeguista a quen se dedica o día das letras galegas.

O PSdeG-PSOE quere recoller o facho do ilustre galeguista pontevedrés e asumir Galicia como Tarefa, tal e como o afirmou o seu máximo dirixente na súa intervención inicial. “Para aportar solucións a un país que o está pasando moi mal”, engadiu Vázquez.

Recordou algunhas cifras. Máis de 277.000 galegas e galegos no paro, sen espectativa de futuro, e outras 60.000 persoas máis que que van a engrosar esa cifra ao longo de 2012. Criticou que o Goberno de Feijóo “baixou os brazos”, e replicoulle que os galegos, lonxe de aceptar unha situación de recesión, “queremos propostas”. A palabra preferida de Feijóo, é, segundo Vázquez, “recortes”, a a dos socialistas é “crecemento”.

Temos que “crecer para repartir”, impulsar o crecemento económico para soster as políticas sociais, sentenciou.

Recordou tamén neste senso a proposta socialista para a creación de 25.000 contratos de formación para a mocidade rexeitados polos populares.

Para impulsar o crecemento é preciso lograr financiamento, neste sentido, o líder dos socialistas galegos seguirá a defender a creación dun Instituto Público de Crédito e Finanzas “que preste cartos ao 1%, como xa fai Esukadi e logo fará Andalucía”. Recordoulle a Feijóo o peche de 11.000 empresas e 3.500 autónomos.

PONTEVEDRA

Nesta primeira saída da Executiva, que inicia así unha convocatoria itinerante do órgano de dirección socialista, houbo tamén referencias propias á Pontevedra.

Pachi Vázquez reafirmou o compromiso dos socialistas para esixir que se cumpra o acordo unánime do Parlamento para que ENCE saía da ría de Pontevedra antes de 2018. E “non vale xogar a poli bo e poli malo” entre o Goberno central e o autonómico, advirte Vázquez, que “calquera outra decisión significaría enganar aos pontevedreses e a Galicia”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar