Pachi Vázquez defende a reciclaxe, reutilización e reducción de residuos, fronte a aposta do PP pola incineración

Pachi Vázquez defende a reciclaxe, reutilización e reducción de residuos, fronte a aposta do PP pola incineración

Pachi Vázquez defende a reciclaxe, reutilización e reducción de residuos, fronte a aposta do PP pola incineración

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, reafirmou a súa aposta pola reciclaxe, reducción e reutilización do lixo, fronte ao Plan de Residuos do PP “que só pensa na incineración”. Así o dixo nunha visita á planta de residuos da Mancomunidade de Concellos do Barbanza.

Vázquez comprometeuse a que se os socialistas teñen responsabilidades de goberno, Galicia voltará a ter unha auténtica política de xestión de residuos. Afondou así na necesidade de “plantarlle cara á proposta antimedioambiental do Goberno do PP”, un Plan de Residuos “que só pensa na incineración”.

“Seguir apostando pola incineración é renunciar á protección medioambiental de Galicia”, apuntou Vázquez, para proclamar “alto e claro” que “os socialistas non apoiamos as políticas de incineración do Goberno galego”.

Expresou ademais a súa desconfianza ante a renuncia do PP a construír a planta de incineración do sur no concello do Irixo, xusto uns días despois de que o candidato socialista se comprometese por escrito a non construíla se chega á presidencia da Xunta.

“Se teño a responsabilidade de gobernar na vindeira lexislatura, Galicia volverá a ter unha auténtica política de xestión de residuos”, afirmou o líder socialista, quen se comprometeu a reunirse con colectivos e asociacións medioambientais para modificar o plan de residuos do PP.

Pachi Vázquez puxo á planta de Lousame como exemplo do modelo de recollida selectiva e tratamento de residuos orgánicos que os socialistas defendemos. Dixo que “é unha mostra de que cando se quere apostar polo medio ambiente, pódese” xa que “é a que ten o mellor aproveitamento de residuos de toda España, e tivo que facerlle fronte ao Goberno do PP, que non aposta por este sistema”.

Nesta visita, Pachi Vázquez estivo acompañado do cabeza de lista por A Coruña, Francisco Caamaño, o alcalde de Brión e vicepresidente da Mancomunidade do Barbanza, Jose Luis García, e a candidata da comarca, Josefa Hermo, a portavoz de Medio Ambiente do Parlamento Galego, Carmen Gallego, e a da Executiva do PSdeG, Susana Bayo.

A continuación, o líder dos socialistas galegos trasladouse a Vilagarcía, a presentar o programa electoral.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar