Pachi Vázquez da inicio á campaña "dos dereitos cidadáns, defensa dos servizos públicos e creación de emprego dende os concellos"

Pachi Vázquez da inicio á campaña "dos dereitos cidadáns, defensa dos servizos públicos e creación de emprego dende os concellos"

Pachi Vázquez da inicio á campaña "dos dereitos cidadáns, defensa dos servizos públicos e creación de emprego dende os concellos"

Os socialistas galegos iniciaron a campaña electoral cun acto central en Ourense, no que o secretario Xeral, Pachi Vázquez, acompañou ao alcalde e candidato á alcaldía neste concello, Francisco Rodríguez, para dar comezo “á campaña dos dereitos cidadáns, a defensa dos servizos públicos e a reactivación económica”.

Estes serán os piares centrais da campaña que os socialistas galegos desenvolverán nos 315 concellos, e que prestará especial atención á defensa dos servizos públicos como a sanidade “sen privatizacións e copago”, a educación “sen recortes nas becas” e a dependencia “con centros de día e de atencións aos maiores”, xunto á aposta “firme e decidida pola reactivación económica e a creación de emprego dende os concellos”.

“Unha campaña positiva, próxima, con compromisos claros e realistas e con espírito constructivo”, sinalou Vázquez, “centrada nos cidadáns e nos seus problemas, buscando solucións dende a colaboración entre as institucións e dende a xestión exemplar dos bens públicos”.

O líder socialista avogou así por unha campaña “sen enganos nin demagoxia, sen fábricas fantasmas e sen vertedoiros nin incineradoras de residuos, apoiando a chegada do AVE a Ourense e a Galicia, que é un logro dos socialistas”.

Salientou que os socialistas “cremos nos concellos” e por elo “comezamos a campaña da ilusión e a esperanza para revalidar as alcaldías actuais, gañar outras novas, e lograr o apoio suficiente para gobernar a Deputación de Ourense”.

“Esta é a campaña da verdadeira rexeneración democrática para a Deputación de Ourense, e para todos os concellos de Galicia usurpados fraudulentamente pola dereita mediante operacións de transfuguismo”. “Estas eleccións teñen que poñer o punto e final á práctica da dereita galega de acadar gobernos a golpe de comprar vontades”, engadiu.

Fronte a isto, apostou por concellos “dos cidadáns e para os cidadáns” que sexan ademais “abertos, participativos e comprometidos co benestar e a calidade de vida dos cidadáns; modernos e con servizos eficaces e nos que todos poidamos vivir dende a igualdade, a tolerancia e o respecto”.

Nesta liña, destacou o traballo realizado polos gobernos socialistas en concellos como o de Ourense “no que malia os recortes da Xunta melloramos barrios e parroquias e mantivemos un nivel de prestacións sociais moi superior ao que correspondía”. “A xestión de Francisco Rodríguez en Ourense, ao igual que do resto dos nosos alcaldes e alcaldesas nos concellos galegos, é o noso mellor aval para o 22 de maio”.

Lembrou que os alcaldes socialistas “foron os que mais apoiaron aos concellos e aos veciños” mentres que os gobernos socialistas da Xunta e do Estado “fomos os que máis investimentos fixemos nos concellos”.

Dende hoxe mesmo a campaña do PSdeG estará presente nas redes sociais. De feito, Pachi Vázquez fará a primeira chamada ao voto esta noite ás 00,00 h. a través do Twiter, xusto antes de iniciar a súa intervención no acto da pegada dixital.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar