Pachi Vázquez: "cumpre abrir o financiamento para que sectores estratéxicos como a pesca axuden a pasar do sistema especulativo ao produtivo"

Pachi Vázquez: "cumpre abrir o financiamento para que sectores estratéxicos como a pesca axuden a pasar do sistema especulativo ao produtivo"

Pachi Vázquez: "cumpre abrir o financiamento para que sectores estratéxicos como a pesca axuden a pasar do sistema especulativo ao produtivo"

O Secretrario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vazquez, foi o encargado de abrir a Xornada sobre O Futuro da Pesca que se celebran hoxe en Santiago organizadas polos socialistas galegos para coñecer a opinión do sector sobre o Impacto das propostas de reforma da Política Común de Pesca (PCP) e do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).

Fixo fincapé na relevancia da Xornada para Galicia, onde o sector da pesca acolle 46.000 empregos directos, e move perto de 4.700 M€ anuais. Algo que fai nun momento en que toda España está buscando unha saída da crise, que, segundo Vázquez, “ten que pasar por transformar un sistema especulativo nun sistema produtivo”, opinou.

Defendeu unha aposta estratéxica polos sectores produtivos, singularmente un dos que nos ten que axudar a saír da crise é o da Pesca. O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE presentou aos portavoces socialistas de Pesca no Congreso, Consuelo Rumí, no Senado, Miguel Fidalgo e ao eurodeputado, Antolín Sánchez Presedo, que, xunto a Marisol Soneira no Parlamento de Galicia, teñen a vontade de ser a “voz dun sector clave da economía de Galicia”.

O máximo dirixente dos socialistas galegos referiuse ás propostas “polo menos preocupantes” e que deben resolverse a través do diálogo e incorporando a opinión do sector, e, aludindo á condición de potencia pesqueira da nosa comunidade, afirmou Vázquez “á hora de abodar unha reforma como esta, escoitar a Galicia é un elemento clave”.

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE ofreceu aos representantes do sector asistentes, “unha aposta clara por impulsar o sector desde aquí”. Para elo, coma ao resto de sectores estratéxicos, “o que fai falta é financiamento”. Que chegue diñeiro para tomar decisións.

Lembrou que os socialistas teñen presentado no Parlamento de Galicia unha proposta para a creación dun Instituto Galego de Crédito e Finanzas, que “ós sectores produtivos estratéxicos lles preste diñeiro ó 1%, para manter o financiamento.

Propuxo tamén reconducir a estes sectores o diñeiro do  IGAPE, que deixa sen executar o 70% do seu orzamento e manifestou a súa desconfianza de se hai un “fallo institucional” neste organismo ou se trata dunha “medida estratexica de pintar os presupostos e non gastalos”.

SECTOR NAVAL

Para  o PSdeG “a pesca é unha das columnas que sostén o país”, dixo Pachi Vázquez. E o Naval é “outra peza fundamental”. Neste sentido, referiuse ao anuncio de contrato con PEMEX para a construción de remolcadores valorando que “parece que agroman solucións”.

De todos xeitos, o líder dos socialistas galegos  remitiuse ao refraneiro para xustificar a cautela sobre un acordo que non lles foi remitido pola Xunta e que xa solicitou o Grupo Socialista por vía parlamentaria. “Cando a limosna é grande ata o santo desconfía”.

Vázquez afirma que “sería unha gran aposta económica, pero imos ver a letra pequena deste contrato”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar