Pachi Vázquez cualifica a Feijóo “monaguillo do goberno de Madrid” por amparar o “ataque sistemático de Rajoy” a Galicia

Pachi Vázquez cualifica a Feijóo “monaguillo do goberno de Madrid” por amparar o “ataque sistemático de Rajoy” a Galicia

Pachi Vázquez cualifica a Feijóo “monaguillo do goberno de Madrid” por amparar o “ataque sistemático de Rajoy” a Galicia

Critica os “enganos” do presidente da Xunta, que logo de apoiar ao dique flotante de Ferrol no debate de Orzamentos o PP o rexeitaba no Congreso

Sinala ao presidente da Xunta como “cómplice necesario” de Rajoy para “agochar a corrupción” e lamenta a súa “cobardía política” de negarse a comparecer no Parlamento

O presidente do Grupo Socialista, Pachi vázquez, cualificou a Feijóo de “monaguillo do goberno de Madrid” pola súa decisión de amparar o “ataque sistemático de Rajoy aos intereses de Galicia”. Así o dixo na sesión de control ao presidente na que denunciou os “enganos” do presidente da Xunta que logo de votar nos orzamentos a favor do dique flotante de Ferrol o rexeitaron no Congreso.

O responsable socialista acusou a Feijóo de exercer como “cómplice necesario de Rajoy para agochar a corrupción e desmantelar o tecido empresarial e social do país”, e esixiulle que “faga e comprométase a facer o dique flotante”. Lembrou así que o Parlamento aprobou unha emenda socialista para destinar 5 millóns de euros ao financiamento da infraestrutura para que horas despois o PP votara en contra no Congreso.

Engadiu que “cada vez que votan en Madrid acaban cunha esperanza en Galicia” e reclamoulle que explique “cándo vai deixar de ser o cómplice necesario e vai empezar a ser o presidente do goberno galego”. Acusouno de “pasar de ser o garante do dique a ser o cómplice” da negativa de Rajoy tanto a Navantia como ao sector eólico, ao turístico, ao peche dos paradores ou á fábrica de armas de Coruña.

Dixo que “seguen enganando a todos sempre, tal e como son os responsables do decreto da enerxía que funde as enerxías renovables, acabando dun plumazo co Plan Eólico e coa ilusión dun país que quería liderar o sector”. Dixo que a xestión de Feijóo desbota os 14.000 postos de traballo que ten anunciado, e “non só garanten que non haberá un só megavatio, senón que anula unha das maiores especialidades económicas de Galicia”.

O líder socialista recoñeceulle ao presidente da Xunta que “engana ben”, xa que “aos funcionarios lles dixo que os recortes eran só para os pensionistas, aos pensionistas que só para os funcionarios, enganou aos enfermos dicíndolles que rexeitaba o copago, aos das preferentes dicíndolles que ían devolverlles os cartos, aos da fábrica de armas, aos do dique flotante, e así foi enganando a todos”.

Corrupción

Pachi Vázquez engadiu que “ten un problema, os enganos acabáronse”, e dixo que onte evidenciou “claramente cal é a súa postura ante os problemas de Galicia”, xa que “sempre presume de transparencia pero négase a comparecer no Parlamento para explicar os casos de corrupción que atenazan ao PP en Galicia e ao concello de Santiago en particular”.

Aludiu así á “cobardía política” amosada onte votando en contra de incluír na orde do día do Pleno a comparecencia de Feijóo para “dar a cara” sobre a corrupción no seu partido. Advertiu que “o presidente de Galicia non conta mais que mentiras, di que vai responder e ponse digno ao falar de Bárcenas mentres agocha debaixo da alfombra a Pablo Crespo –ex secretario de Organización do PPdeG imputado na trama Gürtel-”

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar