Os recortes de Feijóo na función pública afectarán á calidade de vida dos cidadáns

Os recortes de Feijóo na función pública afectarán á calidade de vida dos cidadáns

Os recortes de Feijóo na función pública afectarán á calidade de vida dos cidadáns

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, subliñou que os axustes na administración pública "non é un problema dos traballadores dos servizos públicos, é un problema dos cidadáns". "Isto mídese en horas de médico, de enfermeiros, en horas de servizos sociais, en horas de xeriátricos", ilustrou en declaracións aos medios antes de participar no acto de clausura do congreso do CSIF en Santiago.

Pachi Vázquez sinalou que os socialistas van tratar de chegar a acordos co Partido Popular de "onde haxa que apertar, apertar, pero non a custa da calidade de vida dos cidadáns que reciben servizos públicos".

"Non está en que unha baixa dure máis ou dure menos, iso non é austeridade, se hai que recortar, recortemos, pero non empeoremos a calidade de vida dos cidadáns que están nun hospital ou nun colexio", remachou. (Europa Press)

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar