Pachi Vázquez critica a "austeridade improductiva de Feijóo" e compromete medidas de reactivación económica

Pachi Vázquez critica a "austeridade improductiva de Feijóo" e compromete medidas de reactivación económica

Pachi Vázquez critica a "austeridade improductiva de Feijóo" e compromete medidas de reactivación económica

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, iniciou hoxe en Betanzos a campaña “Galicia a nosa tarefa”, centrada en percorrer a xeografía galega para recoller as principais inquedanzas dos cidadáns e incorporalas ao proxecto político dos socialistas para Galicia.

Vázquez mantivo un encontro co alcalde e grupo de goberno, e tamén cos membros da agrupación local do PSdeG a fin de que “os compañeiros e compañeiras que están en contacto directo cos cidadáns nos transmitan as súas preocupacións e necesidades”.

“Xa pasaron os tempos do fatalismo e o pesimismo. O PP demostrou nos tres anos de goberno que non ten fórmulas para sacar adiante este país, polo que é o momento de plantexar iniciativas que axuden aos cidadáns”, sinalou.

“Os socialistas queremos serlle útiles a este país, con propostas en positivo”, apuntou, “polo que nos dedicaremos a tomarlle o pulso á realidade económica e social de Galicia para elaborar propostas e conseguir o noso obxectivo, que é ter un Goberno na Xunta que se afane en dar solucións aos cidadáns en lugar de buscar escusas para non arranxar os problemas”.

Sinalou que esta visita a Betanzos é un exemplo disto “porque os seus problemas se replican en toda Galicia, e se centran na soidade na que se atopan os concellos para afrontar a situación económica actual”.

Austeridade Improductiva de Feijóo
“Betanzos, ao igual que outros concellos, necesita un Goberno galego que mire para eles en lugar de poñerlle escusas e mirar a outro lado”, sinalou.

Criticou por elo a “austeridade improductiva” do Goberno de Feijóo consistente en “paralo todo” e avogou por poñer en marcha medidas para a reactivación económica nos concellos. “Somos os maiores defensores da estabilidade orzamentaria, pero para que isto arranque, hai que ir a incentivos económicos”.

No caso concreto de Betanzos explicou que pedirán ao Goberno de Feijóo, en vía parlamentaria, un compromiso e explicacións sobre o investimento previsto pola Xunta en 2012 para políticas de rehabilitación do casco histórico.

“En política, o que non son contas son contos, e chegou a hora de que a Xunta deixe de contar contos e faga as contas”, sentenciou.

Por elo, tras manter tamén unha xuntanza coa Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, incidiu na importancia que ten o pequeno e mediano comercio nas grandes vilas, e sinalou que o abandono que sofren por parte do Goberno galego “fai tremer o elemento troncal das súas economías”.

Considerou por elo “incomprensible” a falla de apoio que reciben por parte dun Goberno galego “que deixou sen executar o 70 por cento dos fondos de promoción económica”. Na mesma liña, adiantou que o PSdeG instará á Xunta “a abrir liñas de reactivación económica para pequenas e medianas empresas”.

Privatización de Escolas Infantís
Preguntado polo modelo concertado que a Xunta establecerá en centros da Rede de Escolas Infantís, entre elas a de Betanzos, Vázquez considerou que “facer caer a crise sobre aqueles que máis axuda necesitan é unha crueldade”.

“A grandeza dunha gardería pública é que permite un sistema de igualdade no acceso ao traballo das familias e da conciliación da vida laboral e familiar”. Criticou por elo non só a privatización que representa este modelo senón o aumento das taxas anunciado onte pola Xunta.

“O público é o de todos, é onde se garante o equilibrio e igualdade de oportunidades e servizos”, sinalou, á vez que acusou ao Goberno de Feijóo de “desmantelar este sistema”. “Haberá familias que poidan levar os seus fillos e fillas á gardería e outras que non, co cal o PP abre unha fenda letal para os modelos igualitarios”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar