Pachi Vázquez conxura á Executiva dos socialistas galegos a construír a alternativa ao fracasado goberno de Feijóo

Pachi Vázquez conxura á Executiva dos socialistas galegos a construír a alternativa ao fracasado goberno de Feijóo

Pachi Vázquez conxura á Executiva dos socialistas galegos a construír a alternativa ao fracasado goberno de Feijóo

Pachi Vázquez trazou un calendario para que “a finais do mes de maio”, todas as propostas sectoriais se configuren nun programa alternativo para dar solución aos problemas dos homes e mulleres de este país

Instou a Feijóo a convocar as eleccións, “cando queira, asumindo o seu fracaso estrepitoso da Economía de Galicia, das Políticas de Emprego e das Políticas Sociais”

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE recrimina a Feijóo que pida axuda aos galegos para desmantelar a Sanidade, cando debera ser o contrario e atender el as demandas da cidadanía para salvar o Sistema Público de Saúde

O Secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, instou á Comisión Executiva do seu partido, a “traballar para sacar adiante este país”, mediante o estudo e elaboración de “medidas concretas” coas que ir construíndo “as alternativas políticas” para os centos de miles de galegos e galegas “que están esperando por nós”.

O principal obxectivo dos socialistas galegos é para o seu máximo dirixente o de “transmitirlle a Galicia que existe un xeito de cambiar o modelo económico do noso país e que se chama máis ingresos”. En contraposición á política de recortes dos populares Rajoy e Feijóo, Vázquez defende un “novo modelo de fiscalidade”, consistente en gravar máis ás grandes fortunas, incremento do tramo autonómico do IRPF, incremento da fiscalidade ás grandes áreas de venta e aos que contaminan. Unha vez reunidos estes elementos a aposta do líder dos socialistas é a “redistribución cara a políticas activas de emprego, cara o coñecemento e a blindar a Sanidade e a Educación”.

Pachi Vázquez trazou un calendario coa Executiva para a creación das correspondentes áreas de traballo co fin de que “a finais do mes de maio”, todas as propostas sectoriais se configuren nun programa alternativo para dar solución aos problemas dos homes e mulleres de este país.

Porque, “mentres outros están en problemas internos” o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE afirma que os socialistas estarán no prantexamento de solucións. Mentres o presidente Feijóo dí que isto non ten solución e xa baixou os brazos, “nós imos estar preparados”.

En referencia ao calendario electoral “intermitente” do Goberno galego, en alusión ó constante baile de datas, Vázquez instou a Feijóo a convocar as eleccións, “cando queira, asumindo o fracaso estrepitoso da Economía de Galicia, das súas Políticas de Emprego e das súas Políticas Sociais”.

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE definiu o actual momento como “un dos máis decisivos dos últimos tempos”, xa que a situación require dos socialistas galegos unha serie de propostas e solucións que veñan suplir a situación en que se atopa Galicia logo de tres anos, cumpridos hoxe, de goberno do PP.

As “mentiras” do Partido Popular ocultan dous datos fundamentais, segundo o líder dos socialistas galegos. Primeiro, Galicia está moito peor que o resto de España. No ano 2009, a comunidade mantiña un crecemento por riba do resto de España, no ano 2011, Galicia decrece o dobre que o resto de España.

En segundo lugar, “Feijóo converteuse no Presidente do Paro”. 276.000 mulleres e homes están desempregados en Galicia, unha cifra que se incrementará entre 45.000 e 60.000 en 2012, no que Pachi Vázquez define como “unha rendición sen condicións” do Goberno galego, que xa nin sequera fala de reactivación económica nin de políticas activas de emprego.

Preocupan ao Secretario Xeral dos socialistas galegos datos estruturais como o Índice de Produción Industrial, que descendeu en Galicia catro veces máis que no resto do Estado, pasando do -2% ao -8%.

Mentres isto sucede, as políticas sociais sofren un recorte de 1.200 millós de euros que colocan á Dependencia, á Sanidade e á Educación públicas nunha situación “límite”.

Os Orzamentos de Galicia, recentemente aprobados, son falsos de raíz, porque recollen un crecemento do 1,2%, cando a previsión é dun decrecemento do -1.5%. No que se refire aos Presupostos do Estado a situación non é mellor. Pachi Vázquez chama a atención sobre dúas “crueldades”. Os orzamentos en infraestruturas ferroviarias son “inexecutables”, con partidas de 700M€ onde non se poden executar máis de 200M€.

O líder dos socialistas galegos esixe a Feijóo que convoque ó Pacto do Obradoiro, “que antes o quería reunir cada fin de semana”, e agora xa non quere reunir porque lle está “ocultando ao país” a ausencia do seu compromiso coas inversións reais.

Os recortes son máis evidentes en Políticas Sociais, onde os 43 millóns de euros presupostados abocan á Sanidade, á Educación e á Dependencia a unha situación imposible.

Coñecidos os 500 millóns de euros que se recortarán a maiores da Sanidade e os entre 150 e 200 millóns de euros da Educación (dentro dos 10.000 millóns de novos recortes anunciados por Rajoy), Pachi Vázquez recrimina aos populares situar á Sanidade e á Educación ao borde do colapso.

O secretario xeral do PSdeG lamenta que Núñez Feijóo, contra isto, o único que fai é pedirlle “axuda aos cidadáns para liquidar o Sistema de Saúde”, cando en realidade, a xuízo do líder socialista, a situación é ao revés, “debéramos ser os galegos e galegas os que lle pidamos formulas a Feijoo para que o Sistema de Saúde non se liquide.

Na súa intervención, Pachi Vázquez centrou o problema da crise fóra dos dous asuntos centrais: Sanidade e Educación. “O problema é financeiro”. Para Vázquez o problema da crise “é un goberno incapaz de reactivar a economía e que está derrubando as pedras mestras dun modelo de futuro, como é a innovación, a educación e o coñecemento. Díxolle tamén a Feijóo “alto e claro” que os socialistas “non aceptamos fórmulas de copago”.

Os socialistas, engadiu o seu secretario xeral, no van permitir que se empece a desmontar o Sistema de Benestar por parte da mesma dereita que “lle ten medo a aplicar novos impostos á banca”.

Recriminou tamén ao Executivo galego que máis 50.000 persoas dependentes non saben se van ser atendidas ou non, de maneira que se deixa na máis absoluta soidade ás persoas que precisan das políticas sociais e se culpa aos concellos, mentres se lle retiran os recursos para aplicalas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar