Pachi Vázquez constata en Estrasburgo solucións para as preferentes e o acordo pesqueiro con Mauritania

Pachi Vázquez constata en Estrasburgo solucións para as preferentes e o acordo pesqueiro con Mauritania

Pachi Vázquez constata en Estrasburgo solucións para as preferentes e o acordo pesqueiro con Mauritania

O candidato á presidencia da Xunta do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, mantivo en Estrasburgo dúas xuntanzas de traballo cos comisarios de Pesca –Maria Damanaki- e da Competencia –Joaquín Almunia- da Comisión Europea, cos que constatou a existencia de vías de solución para a situación xerada polo convenio de pesca con Mauritania e da fraude das preferentes.

Pachi Vázquez anunciou logo das xuntanzas que estas cuestións “teñen vías de solución” e reprochoulle ao candidato do PP, Núñez Feijóo, que en catro anos de goberno apenas visitara Bruxelas e Estrasburgo para “defender a Galicia onde se están cocendo grandes decisións”. O líder socialista asumiu hoxe o papel de “ser a voz dos galegos” para “levar noticias que xeran esperanza para Galicia”.

O candidato socialista comezou hoxe a xornada cun encontro coa comisaria de Pesca, Maria Damanaki, quen lle constatou que “é posible reabrir a negociación” con Mauritania para acadar uns termos que non prexudiquen á flota cefalopodeira galega.

Salientou que “é necesario que a Xunta presente unha proposta de diálogo bilateral ao goberno central para demostrar que as reservas do caladoiro son as que din os nosos pescadores”. Deste xeito, explicou, “abrirán a posibilidade de reabrir a negociación bilateral entre España e Mauritania, que sería vista favorablemente pola Comisión Europea”, e tería “moitas posibilidades” de éxito con mellores condicións para Galicia.

A comisaria de Pesca tamén abriu a posibilidade, nesta xuntanza, de que as mariscadoras galegas acaden un “tratamento singular” para percibir fondos comunitarios de axuda á pesca equiparándoas aos pescadores. Pachi Vázquez explicou que esta iniciativa “permitirá romper coa marxinación da pesca tradicional galega” garantindo incentivos para este colectivo.

Preferentes e tax lease

O responsable socialista mantivo tamén un encontro co comisario europeo da Competencia, Joaquín Almunia, quen constatou –explicou Vázquez- que o goberno de España “ten na súa man a solución para darlle cumprida resposta ao engano masivo” das participacións preferentes. Dixo que “os responsables de acadar a solución son o Estado, a CNMV e a Xunta, que ten que presionar para abandonar as vías
paralelas e ir de fronte”.

Vázquez apuntou que a solución pasa por que o Goberno “habilite unha figura para recoñecer como aforradores á práctica totalidade dos afectados polas preferentes e subordinadas” e que así poidan recuperar o seu diñeiro. Advertiu que “cando o goberno asina o memorándum –do sistema financeiro- está bloqueando o pago das preferentes, pero é necesario que habilite un percorrido para que os afectados recuperen os seus recursos”.

Pachi Vázquez trasladoulle tamén a súa preocupación polo tax lease, e pediulle que a Comisión Europea “resolva canto antes un elemento
clave para desblocar a situacion que afecta ao naval”. Anunciou que “nas próximas datas veremos o xeito de que o tax lease poida incentivar ao naval galego” e apostou por “acadar unha solución pronta” a esta situación.

Grupo Socialista

O candidato socialista rematou a xornada cunha intervención diante do Grupo dos Socialistas e Demócratas no Parlamento Europeo, na que foi presentado polo seu  presidente, Hannes Wodoba. Vázquez fixo un discurso en defensa do modelo socialdemócrata centrado na economía produtiva, a creación de emprego e a defensa dos servizos públicos para “cambiar o sufrimento polo crecemento”.

Chamou a “unir as nosas mans, traballar xuntos e dicirlle á UE e ao mundo que o camiño da austeridade improdutiva só ofrece mais paro, recesión e sufrimento”. Advertiu que as eleccións galegas constitúen o escenario para “pararlle os pés á dereita en España” e “poñer coto” ao modelo neoliberal da “carreira aloucada de mais paro, mais recesión e menos dereitos sociais, menos sanidade e menos educación”.

Pediulle aos socialistas europeos que “loitedes dende aquí para que países como Galicia non queden solos” ao deixar de ser obxectivo converxencia, co que se arriscan a perder axudas comunitarias, malia que “paradoxalmente estamos batendo récords de parados e temos aos nosos sectores estratéxicos en crise”. Reclamou “habilitar un percorrido, unha rede de seguridade que nos permita seguir coa axuda da UE
para combater a crise”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar