Pachi Vázquez considera "un acerto" a proclamación de Rubalcaba"

Pachi Vázquez considera "un acerto" a proclamación de Rubalcaba"

Pachi Vázquez considera "un acerto" a proclamación de Rubalcaba"

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, considerou hoxe “un acerto” a designación de Rubalcaba como candidato á presidencia do Goberno. Así o dixo logo do acto de proclamación de hoxe e no que presentou unha proposta que, segundo Pachi Vázquez, garante a “blindaxe fronte ás políticas de privatización e desmantelamento do público” que defenden Feijóo en Galicia e Rajoy en Madrid”.

 Pachi Vázquez cualificou de “redondo” o discurso de Alfredo Pérez Rubalcaba, quen explicou con “claridade” a súa “fórmula para romper os nós que atenazan á sociedade” e presentou o “modelo socialista” centrado na creación do emprego, unha economía san e competitiva, a igualdade de oportunidades, a mellora da democracia e a reforma electoral e garantir unha sanidade pública e de calidade.

 Amosou a súa “ilusión e satisfacción” logo da intervención do candidato á presidencia, a quen viu “comprometido” e que “sintoniza co sentir da sociedade” demostrando que “hai un camiño a través da socialdemocracia e da esquerda”. Este “combina o blindar a sanidade e a educación pública coa innovación, a política emprendedora e de xestión de emprego e repartir a carga fiscal entre os que mais teñen para saír da crise”.

Tamén cualificou de “moi valente” a aposta por “poñer enriba da mesa unha reforma electoral de calado” para “sintonizar co que está demandando a calle” e no que tamén “falou de cómo solucionar os problemas dos nosos mozos e mozas, dos nosos maiores, do ensino público e a sanidade pública” poñendo enriba da mesa un modelo socialista “acorde cos tempos”.

Modelo de Feijóo

Pachi Vázquez dixo que o acto de hoxe permitiu “cargar as pilas para seguir traballando contra un modelo como o do PP con Feijóo en Galicia e Rajoy en Madrid que vai nunha dirección absolutamente contraria”. Dixo que os conservadores “propugnan desmantelar o público, privatizar e trocear a sanidade pública, baixar a calidade da ensinanza e non aportar unha soa solución para o modelo económico e de emprego”.

O líder dos socialistas galegos dixo que os próximos meses estarán dedicados dende o PSdeG-PSOE a “traballar en propostas para aportarlle dende Galicia a este novo programa, esta Conferencia Política, para afondar nas ideas presentadas hoxe e que son a saída do túnel dende unha óptica socialista e socialdemócrata”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar