Pachi Vázquez considera "preferible que Almunia dimita antes de traizoar a Galicia e a España"

Pachi Vázquez considera "preferible que Almunia dimita antes de traizoar a Galicia e a España"

Pachi Vázquez considera "preferible que Almunia dimita antes de traizoar a Galicia e a España"

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, dixo que “é preferible que Almunia dimita antes de traizoar os intereses estratéxicos de Galicia, Asturias, Euskadi e España”. Así o dixo hoxe logo de coñecer a proposta do Comisario Europeo da Competencia sobre a devolución das axudas do tax lease concedidas aos armadores galegos por parte do goberno central.

O responsable socialista dixo que “non se pode defender a Europa contra Galicia, non se pode crear un novo modelo de país levándose por diante sectores estratéxicos”, polo que reclamou que “antes de traizoar os intereses estratéxicos” o comisario europeo “debe presentar a súa dimisión”. Dixo que Almunia está a adoptar unha “postura insostible” diante dos que “confiabamos na súa defensa” para o sector.

Os socialistas galegos reclamaron unha “solución semellante ao modelo francés” que, dixo, “é viable, é posible, e hai informes xurídicos” que o avalan. Puntualizou que “non pode, e menos un socialista, ser quen poña enriba da mesa unha proposta que lesiona grave e irreversiblemente os intereses do sector naval no noso país”.

Pachi Vázquez explicou que esta proposta foi comentada xa cos responsables da dirección socialista en Ferraz e nas comunidades autónomas afectadas.

Pleno extraordinario

O líder socialista propuxo tamén hoxe convocar un Pleno Extraordinario do Parlamento de Galicia para o próximo día 9 de xullo co punto único de instar aos gobernos central e autonómico e ao colexio de comisarios da UE “que non adopten ningunha resolución que destrúa con carácter irreversible o naval de Galicia”.

Subliñou que “si queremos podemos”, e avogou por convidar ao Parlamento de Galicia aos axentes sociais, ao sector e “a todos aqueles axentes que ven que se poden levar por diante un sector fundamental para a economía de Galicia”.

Finalmente, propuxo a constitución dunha “fronte común de europarlamentarios españois” procedentes de tódalas formacións políticas indistintamente para organizar unha “defensa unánime e coordinada para mandarlle unha mensaxe unánime á UE” en contra da “inxustiza que se comete con este país e que afecta gravemente a un sector estratéxico como o naval”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar