Pachi Vázquez considera "lamentable" que o "principal inimigo" do galego sexa o goberno de Galicia

Pachi Vázquez considera "lamentable" que o "principal inimigo" do galego sexa o goberno de Galicia

Pachi Vázquez considera "lamentable" que o "principal inimigo" do galego sexa o goberno de Galicia

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, considerou hoxe “lamentable” que “o principal inimigo do noso sinal de identidade, que é o galego, sexa o goberno de Galicia”. Pachi Vázquez encabezou hoxe a delegación socialista que participou na manifestación en defensa do galego, celebrada esta mañá na capital galega.

O líder dos socialistas galegos considera “incrible que teñamos que defender o galego loitando contra o goberno que en teoría estaría encargado de defendelo”. Advertiu que “segue habendo persecución por parte do goberno” contra o galego a pesares da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que desbotou as principais medidas do decreto do plurilingüismo aprobado por Feijóo.

Vázquez dixo que “hoxe queremos estar xunto cos homes e mulleres que cren no seu país e na súa lingua, para que sexa algo que nos una a todos”. Chamou así a “buscar un novo consenso” e instou ao goberno presidido por Feijóo a “deixar de usar a lingua propia como elemento de confrontación política”.

O líder dos socialistas galegos participou na manifestación convocada hoxe na capital de Galicia xunto cos parlamentarios Marisol Soneira, vicepresidenta segunda do Parlamento, Carmen Gallego, viceportavoz do Grupo Socialista, e Francisco Caamaño, portavoz de Lingua e Cultura. Tamén participaron o parlamentario no Congreso Guillermo Meijón, o eurodeputado Antolín Sánchez Presedo, o ex parlamentario autonómico Francisco Cerviño e o ex presidente da Fegamp, Carlos Fernández.

Orzamentos

Os socialistas galegos lembran que Feijóo destinará neste ano un total de 5,7 millóns de euros á política lingüística, apenas unha terceira parte do que destinaba o goberno de Fraga hai 20 anos, en 1993. Critican así o “estrangulamento orzamentario” para a lingua e as institucións que a representan, como a Real Academia Galega ou o Consello da Cultura Galega.

32641281A

Artigos relacionados

1 Comentarios

  1. Febreiro 1, 2013 a 10:40

    No diga bromas pesadas de esto ,y no quiera perder rueda del nacionalismo en este tema del idioma.
    Miren sino en que sitios está “marginado.. el gallego: administraciónn de la xunta,, con cellos, pancartas de manisfestaciones, indicadores de anuncios de fiestas patronales,carteles de todo tipo ,y de carácter reivindicativo,y así en muchos lugares .Otra cosa es que se diga que la mayoría de los conselleiros hablan gallego sólo en público,qué es cierto.Pero también les ocurre a concejales-muchos o pocos- del psoe en las grandes ciudades, sobre todo. Y usted lo sabe bien.Seguir la rueda de Cayón y compañía no creo que sea lo que más necesitan usteds,pero cada uno, es cada uno. Sin odios ,porque no los concibo por discrepar con nadie ,fuertes saludos.Toño Rguez. PD) Hasta parece usted buen tipo ,sin conocerlo personalmente,calro.

Deixar a resposta

Pechar