Pachi Vázquez confirma o apoio claro a Rubalcaba, e advirte que "hai que resintonizar coa sociedade"

Pachi Vázquez confirma o apoio claro a  Rubalcaba, e advirte que "hai que resintonizar coa sociedade"

Pachi Vázquez confirma o apoio claro a Rubalcaba, e advirte que "hai que resintonizar coa sociedade"

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, dixo que os socialistas galegos “apoiamos claramente a proposta de Alfredo Pérez Rubalcaba –como candidato ás próximas eleccións- respectando que calquera outra persoa poida presentarse”. Así o dixo no Comité Federal do PSOE no que salientou a necesidade de “resintonizar” o programa socialista coa sociedade.

O líder dos socialistas galegos sinalou que a proposta de Rubalcaba unifica “confianza, pragmatismo e solucións” e sairá reforzada coa conferencia política que será convocada para “afrontar ideas”, xa que “están pasando moitas cousas que teñen que entrar nas sedes socialistas”. Chamou a “escoitar á xente” porque, dixo, “non se poden converter as prazas de España en foros de debate e que nos non esteamos aí”.

Chamou a “abrir as sedes” do PSOE aos “debates e problemas que preocupan á xente” e sinalou que “moitos grandes candidatos con grandes programas para as alcaldías perderon as eleccións municipais”. O que lle levou a concluír que ter o mellor candidato e o mellor programa non é suficiente para gañar as próximas eleccións: “É necesario algo máis”, escoitar aos “mozos e mozas, ás empresas, aos sindicatos” e, en xeral, a cidadanía.

Pachi Vázquez dixo que, así, o PSOE terá “un gran candidato e un gran programa, pero –engadiu- o máis importante é que temos que conseguir sacar adiante o modelo económico e de creación de emprego en España”. Sinalou que “vamos gañar si somos capaces de conseguir que os cidadáns entendan o que estamos facendo”.

Engadiu que España resiste moito mellor a crise que por exemplo Portugal, Grecia, Italia, Irlanda o Bélxica, pero ten un alto nivel de desemprego, polo que sinalou como prioridade traballar “para que a xente recupere o emprego e o crédito flúa para as economías domésticas”.

O líder dos socialistas galegos desbotou o “dedazo” como medio para elixir ao sucesor de Zapatero xa que “hoxe ábrense as primarias” ás que poderá concorrer calquera militante. Aludiu tamén ao “paso atrás” dado por Carme Chacón ao decidir non presentarse, que cualificou de “xesto de responsabilidade”.

Pachi Vázquez dixo que a actual ministra de Defensa “sabe moi ben que os militantes queremos primarias pero sobre todo queremos rapidez e toma de decisións para cerrar filas en torno a un liderado”.

Insolidariedade do PP

O secretario xeral do PSdeG-PSOE cualificou hoxe de “absolutamente inxusto” que a “insolidariedade e falla de corresponsabilidade” do PP con relación á crise “teña como premio unha vitoria electoral”. Criticou que “nos deixaron solos apechugando coa peor crise económica deste país” mentres esperan “sentados a que a crise os coloque no centro do poder”.

Advertiu que “paradoxalmente parece que deixar caer ao país ten premio para o PP” e engadiu que “temos dez meses para buscar e corresponsabilizar ao PP de que ten que remar para sacar adiante España” xa que, engadiu, “resulta absolutamente doloroso e insolidario que en lugar de empuxar para que saquemos a cabeza da auga estea calcando a España para que metamos a cabeza na auga”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar