Pachi Vázquez comprométese por escrito a anular o proxecto de instalación dunha planta incineradora no Irixo

Pachi Vázquez comprométese por escrito a anular o proxecto de instalación dunha planta incineradora no Irixo

Pachi Vázquez comprométese por escrito a anular o proxecto de instalación dunha planta incineradora no Irixo

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, comprometeuse ante os veciños do Irixo a anular o proxecto de instalación dunha planta incineradora neste concello, promovido polo Goberno de Feijóo.

Pachi Vázquez fixo constar este compromiso por escrito nunha declaración que asinou nunha xuntanza cos veciños e veciñas do Irixo e represntantes de colectivos contrarios á instalación da incineradora, aos que lles garantiu que cun goberno socialista a partir do 21 de outubro, o proxecto quedará anulado nos primeiros cen días.

Neste documento, Vázquez manifesta a súa “oposición radical” ao proxecto e a preocupación polas “graves consecuencias que suporía converter este concello no vertedeiro do sur de Galicia”.

Vázquez lembrou no Irixo que o proxecto está paralizado “porque os veciños e veciñas do carballiño, do irixo, e do deza lles paramos os pes”. Aínda así, lembrou que “o actual goberno do PP non garantiu que non vaia reactivalo tras as eleccións autonómicas”.

Advertiu por tanto que “temos que asegurar o que vai pasar mañá” e por elo garantiu que “se eu teño responsabilidade de gobernar este país, nin no Irixo nin en ningún sitio de Galicia haberá incineradora”.

Comprometeuse por elo por escrito a anular este proxecto nos primeiros cen días de goberno, ademais de a esixir á empresa Estela Eólica, promotora deste proxecto, a presentación de novos proxectos industriais non contaminantes, que permitan crear o mesmo número de empregos, a anular o Plan de Residuos de Galicia “que prima a incineración e os vertedoiros de lixo”.

Vázquez avogou pola contra por aprobar un novo plan que estableza a prioridade da redución, revalorización, reutilización e compostaxe dos residuos sólidos urbanos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar