Pachi Vázquez comprométese a non despedir a ningún traballador sanitario porque “cada recorte supón una merma dos servizos públicos”

Pachi Vázquez comprométese a non despedir a ningún traballador sanitario porque “cada recorte supón una merma dos servizos públicos”

Pachi Vázquez comprométese a non despedir a ningún traballador sanitario porque “cada recorte supón una merma dos servizos públicos”

O candidato socialista, Pachi Vázquez, asegurou que aprobará unha lei que blinde a sanidade para que non haxa ningún orzamento inferior ó do exercicio anterior. Nun acto sectorial sobre sanidade celebrado en Ourense, criticou as mentiras de Feijóo “tamén na sanidade pública” e chamou a votar para que un goberno socialista garanta unha sanidade pública de calidade. Afirmou que non despedirá a ningún traballador sanitario porque “cada recorte supón una merma dos servizos públicos”.

Pachi Vázquez censurou os despedimentos no sector porque “cada recorte supón unha merma nos servizos públicos”, e afirmou que “se gobernamos, os socialistas non permitiremos que ningún outro persoal sanitario perda o seu posto de traballo”.

Asegurou que “é o momento de devolver a política á cidadanía, e en política sanitaria isto significa volver á coxestión co estamento público, en contraste ó que fan os populares, que é privatizar”.

O candidato socialista defendeu hoxe a inversión en sanidade pública, sinalando que “engánanse os que digan que non é sostible”. “Do contrario, non se entendería que as empresas privadas opten á súa xestión”. A este respecto, fixo un chamamento para reforzar o seu carácter público, e sinalou que os que defenden a privatización atenden a decisións políticas e ideolóxicas, “detrás desta decisión buscan solo o negocio”, apuntou.

No encontro, denunciou os recortes que ven impoñendo o goberno de Feijoo na sanidade pública, “hoxe contamos con 1.100 traballadores menos, entre médicos e persoal sanitario”, alertou.

Pachi Vázquez alertou que “volven os contratos - vasoira, que nós eliminamos”. O candidato mostrou a súa preocupación porque falar hoxe de sanidade é falar de recortes, “non se cobren vacantes, nin as baixas, pechan consultas e masifícanse outras. Ese é o día a día, nos nosos hospitais e centros de saúde”.

Así mesmo, lamentou que “cada semana atopémonos cunha nova restrición”. “Feijóo presume dun aforro de 33 millóns de euros en sanidade, pero o que oculta e que, en realidade, eses cartos o pagan agora os cidadáns. A Xunta do PP recada a costa de cargar no peto dos galegos”, concluíu o líder socialista.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar