Pachi Vázquez comprométese a impulsar un Grupo Lácteo Galego e un Observatorio de prezos que garanta un mínimo para o leite

Pachi Vázquez comprométese a impulsar un Grupo Lácteo Galego e un Observatorio de prezos que garanta un mínimo para o leite

Pachi Vázquez comprométese a impulsar un Grupo Lácteo Galego e un Observatorio de prezos que garanta un mínimo para o leite

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, comprometeuse hoxe a impulsar un grupo lácteo galego, así como a constituír un observatorio de prezos que garanta un prezo xusto para o leite. Así o dixo na visita a Cerceda –A Coruña-, Vilalba –Lugo- e Silleda –Pontevedra-, acompañado polo secretario xeral do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba.

Na tarde de hoxe o líder socialista visitou Cerceda, Vilalba e Silleda, logo de comezar onte a campaña en Ourense e Vigo e visitando así as provincias de Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra en só 24 horas.

A primeira intervención foi na localidade coruñesa de Cerceda. Alí Pachi Vázquez estivo acompañado do Secretario Xeral do PSOE Alfredo Pérez Rubalcaba, o alcalde da localidade, Jose García Liñares e o cabeza de lista da provincia, Francisco Caamaño,a ademais doutros cargos comarcais.

Rubalcaba asegurou que o Goberno de Rajoy esta escondendo aos pensionistas os pensionistas o que van facer co poder adquisitivo das pensións, xa que denuncia que o Estado “debe 2 puntos aos pensionistas”, o que supón 550€ de media a cada pensionista. E asegurou que non van actualizar as pensións. “Si lo fueran hacer, lo habrian hecho”.

O candidato Pachi Vázquez asegurou que cando os galegos collan a papeleta do PP o vindeiro 21 de outubro “si eres pensionista estás votando para que lle rebaixen a pensión, para que che cobren os medicamentos, e cando eres un pai de familia e colles a papeleta do PP, votas para que che cobren os libros de texto e empeoren a calidade educativa dos teus fillos”. E proseguiu “si eres un enfermo e collles a papeleta do PP estas votando para que non che fagan as mamografías gratis”, espetou.

Vilalba

Na localidade lucense de Vilalba, o candidato socialista estivo acompañado polo Presidente da Deputación de Lugo, Jose Ramon Gomez Besteiro, o alcalde de Lugo, ademais de toda a candidatura socialista da provincia, e diversos cargos comarcais.

Vázquez amosou na capital da Terra Cha o seu apoio aos gandeiros galegos “ante as reivindicacións que estades levando a cabo en demanda duns prezos xustos polo voso leite”. Vázquez comprometeuse a impulsar un Grupo Lácteo Galego e a impulsar un Observatorio de Prezos para garantir un prezo mínimo de venda e implantar os contratos homologados de forma consensuada.

O líder dos socialistas galegos comprometeuse tamén a favorecer que nos servizos dependentes da Xunta sexan ofrecidos produtos elaborados con leite galego. Ademais, anunciou que “con carácter inmediato poremos en marcha o procedemento para favorecer a mobilidade de terras e unha nova Lei de Montes para impulsar o sector agrogandeiro e silvícola”.

Advertiu que, de non tomar estas medidas, “agora todo se encarece moito mais, e se nestes últimos tres anos e medio tiveron que pechar preto de 2.000 explotacións gandeiras, vai ser moi difícil que as 11.400 que quedan poidan subsistir”.

O candidato socialista advertiu que “Feijóo non cumpre, por iso o abandonan os cidadáns e por iso vai perder estas eleccións”, xa que, dixo, a realidade é que “está prometendo o mesmo que prometeu hai catro anos e que incumpriu na súa totalidade: reducir o paro, crecemento económico, garantir a sanidade e a educación e o sistema financeiro galego”.

Silleda

En Silleda Vázquez estivo acompañado pola Alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, o secretario de Organización do PSdeG e candidato Pablo García. O candidato socialista comprometeuse a aprobar un Plan de Emprego xuvenil para garantir bolsas – contrato dirixidas a 25.000 mozos e mozas galegos desempregados cun investimento de 60 millóns de euros. Vázquez comprometeu “mais recursos para os que teñen menos e o están pasando peor” para dedicar investimentos á creación de emprego, ao crecemento, á sanidade e á educación.

Explicou que os socialistas galegos aforrando 100 millóns de euros cada ano en gastos innecesarios das administracións públicas e acadando 200 millóns cunha nova fiscalidade “que non afecte ás clases medias nin ás populares”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar