Vázquez comprométese a facer xustiza por Ourense tras catro anos sen inversións de Feijóo

Vázquez comprométese a facer xustiza por Ourense tras catro anos sen inversións de Feijóo

Vázquez comprométese a facer xustiza por Ourense tras catro anos sen inversións de Feijóo

O candidato socialista aposta polo reequilibrio territorial para que toda Galicia funcione.

A provincia e a cidade de Ourense foron maltratadas continuamente durante este case catro anos por un Feijoo “que a tapaba coa man”.

Pachi ratificou de novo o compromiso de eliminar o repago farmacéutico para os pensionistas se goberna a Xunta de Galicia.

O candidato socialista á Presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, mantivo hoxe un encontro institucional co alcalde da cidade de Ourense, Francisco Rodríguez, no que sentaron as bases para acadar dunha vez por todas o reequilibrio territorial entre a Galicia interior e a atlántica.

Vázquez aseguroulle ao alcalde de Ourense que as portas de Monte Pío estarán abertas para todo o que signifique xustiza para a cidade e para a provincia de Ourense. “Imos ser competitivos cos sectores produtivos de Ourense, porque ninguén pode entender que haxa unha Galicia que funcione se a metade da outra non tira”.

Vázquez, que é o primeiro candidato á Xunta que se presenta pola provincia, referiuse a ela e á cidade como territorios maltratados polo Goberno de Feijoo, “que se puxo de espaldas a Ourense durante tres anos e medio sen ningunha inversión e ningún compromiso”, fomentando unicamente “dificultades permanentes a todo o que significase futuro”.

O candidato resaltou que é de xustiza demandar “o que nos fai falta”, salientando que non é de recibo negarlle á cidade de Ourense un convenio urbanístico, “que non costa cartos”, para que a cidade sexa a porta de entrada do AVE en Galicia. Neste sentido, o ourensán reprobou a Feijoo e a Rajoy a data da chegada do AVE. “Cando gobernaba o PSOE o 2015 era unha data horrible para o PP, e, agora, anuncian o 2018 con toda a tranquilidade e todo o descaro”, sinalou.

Vázquez tamén criticou a paralización do Centro de Interpretación de Parques Naturais, “un elemento de competitividade, onde se vai crear emprego e poñer en valor á provincia”; dos hospitais e dos centros de saúde, “precisamente nun territorio cunha poboación tan envellecida”. Ademais de envellecida, a provincia conta con número insostible de parados aos que se lles retira as axudas de inserción laboral.

“Non imos facer milagres, imos facer xustiza”. Deste xeito, Pachi Vázquez asegurou que no primeiro momento de gobernar Galicia, “porémonos de cara a Ourense para cumprir cos nosos compromisos”. Referiuse a unha das medidas que o PSdeG tomará nos primeiros 100 días de goberno: a eliminación do repago farmacéutico aos pensionistas. “Non é lóxico que os pensionistas ourensáns, que cobran as pensións máis baixas, paguen o mesmo que outro de calquera parte do Estado; do mesmo xeito, tampouco é lóxico que se cobren as medicinas para acadar 33 millóns de euros dun orzamento de 9.000”.

O PSdeG, a favor “de todo tipo de debates”.

Á preguntas dos medios, Pachi reiterou que, tanto el como o partido, están a favor de facer tantos debates como sexan posibles, “a dous ou a tres”. Non obstante, matizou que un debate a tres sería “o máis xusto”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar