Pachi Vázquez comprométese a eliminar o copago farmacéutico se o PSdeG gaña as eleccións

Pachi Vázquez comprométese a eliminar o copago farmacéutico se o PSdeG gaña as eleccións

Pachi Vázquez comprométese a eliminar o copago farmacéutico se o PSdeG gaña as eleccións

O secretario Xeral dos socialistas galegos, Pachi Vázquez comprometeu hoxe nun acto con pensionistas da provincia de Ourense que se o PSdeG gaña as vindeiras eleccións eliminará o copago farmacéutico que mañá entra en vigor.

 

“Se nós gobernamos este país os pensionistas galegos non pagarán os medicamentos, porque non representan nin o 0`9% dos orzamentos de Galicia e porque creo que é absolutamente inxusto facer pagar esta crise ao eslavón máis débil da nosa cadea social”, dixo.

 

Na provincia de Ourense, onde hai un pensionista por cada traballador, o líder dos socialistas galegos dixo que “nas próximas eleccións autonómicas, se hai un presidente socialista os pensionistas galegos, como os vascos, non van pagar nin un só medicamento”.

 

Vázquez subliñou que esta medida só suporá en Galicia 33 millóns de euros ao ano, cun orzamento da Xunta de 9.000 millóns de euros, polo que preguntou se non haberá de onde sacar 33 millóns de euros sen ter que sacarllos aos pensionistas que teñen as pensións máis baixas de España.

 

Neste sentido incidiu no feito de que as galegas son as pensións máis baixas de España, e as de Ourense as pensións máis baixas de Galicia, onde a maior parte dos nosos pensionistas cobran 609 euros/mes, e van ter que pagar non só o 10% senón 426 medicamentos.

 

Ademais matizou que “son os pensionistas enfermos os que ademais de afrontar a súa enfermidade van ter que afrontar esta medida tan inxusta como innecesaria que non vai resolver ningún dos problemas deste país”.

 

Vázquez puxo como exemplo do que el quere para Galicia o que ocorre en País Vasco, onde onte aprobaron un Decreto polo que os seus pensionistas non van ter que pagar polos seus medicamentos, e recordou que Andalucía presentou un recurso ante o Tribunal Constitucional.

 

Así, na súa intervención Vázquez pediu a Feijóo “que non traizoe máis a este país, que non lle minta máis aos galegos e asuma o seu fracaso político e que é inxusto estar pedindo 7.000 millóns para NovaGalicia Banco e non ter 33 millóns para que os nosos maiores non paguen os medicamentos”.

 

O líder dos socialistas galegos dixo que “o que fai falta é crear emprego, reactivar a economía, crear un sistema financeiro propio, e deixar de mentir, porque ninguén fai máis con menos”.

 

Para aumentar os ingresos da Administración pública, Vázquez propón a creación dun imposto á banca, que suporía 60 millóns de euros, impostos aos grandes patrimonios galegos, impostos aos que gañan máis de 140.000 euros nos tramos autonómicos de IRPF, impostos ás grandes áreas comerciais,  e impostos aos que contaminan medioambientalmente.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar