Pachi Vázquez comprométese a derrogar a lei da área metropolitana de Vigo porque “non se pode artellar unha lei contra unha cidade”

Pachi Vázquez comprométese a derrogar a lei da área metropolitana de Vigo porque “non se pode artellar unha lei contra unha cidade”

Pachi Vázquez comprométese a derrogar a lei da área metropolitana de Vigo porque “non se pode artellar unha lei contra unha cidade”

O candidato do PSdeG-PSOE á presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, asumiu en Vigo o compromiso de derrogar a Lei da Área Metropolitana de Vigo porque “non se pode artellar unha Lei contra unha cidade”. O líder dos socialistas galegos fixo estas declaracións na presentación da intervención do alcalde de Vigo, Abel Caballero, no Forum Galicia Europa celebrado hoxe nesta cidade.

Vázquez dixo que “cando se goberna hai que ser xustos, e esta é unha Lei inxusta”, e apuntou que “cando se lle quere a unha cidade non se pode artellar unha Lei contra unha cidade” e subliñou que “a Área Metropolitana de Vigo sen Vigo é unha ridiculez. O líder dos socialistas galegos apuntou que “hai que poñer a Galicia en paralelo a Vigo, non en confrontación”.

O candidato socialista criticou que a Lei da Área Metropolitana teña sido aprobada en solitario polo PP en contra da principal cidade de Galicia renunciando ao consenso entre as principais forzas políticas galegas.

Tamén chamou a constituír unha política galega de aeroportos “para ser competitivos” e que permita plantarlle cara á competencia “do gran inimigo que se chama Oporto”. Salientou o traballo do alcalde de Vigo para construír un proxecto “de complementación” porque “nós non somos diverxentes, somos converxentes, e entre todos queremos construír un gran país”.

Tamén anunciou que o programa socialista inclúe a reversión do contrato coas empresas construtoras do Hospital de Vigo porque “estamos asistindo á construción dun Hospital privado por mais que Feijóo se empeñe en publicitar unha mentira”. Explicou que Feijóo obrigou a pagar 70 millóns de euros durante 20 anos, o que supón un total de 1.400 millóns de euros “e esa é a súa liña de austeridade”.

Epicentro das políticas pesqueiras

O candidato socialista visitou a continuación a XIV Feira Internacional de Produtos do Mar -Conxemar- que se está celebrando no recinto Ifevi de Vigo, e asumiu o “compromiso de apoio, de traballo para competir, facer grande a Galicia e colocar a Vigo no epicentro das políticas pesqueiras” cun proxecto dirixido a potenciar o valor engadido da industria do conxelado e a conserva.

Pachi Vázquez lembrou que o programa socialista inclúe a creación dunha liña de incentivos para a transformación e elaboración dos produtos do mar dirixida fundamentalmente aos produtores. Ademais, comprometeuse a recuperar e desenvolver os plans estratéxicos da conserva e o conxelado elaborados polo goberno socialista na pasada lexislatura e paralizados por Feijóo.

O líder socialista fixo estas declaracións na visita a Conxemar, acompañado polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, os membros da candidatura socialista por Pontevedra Abel Losada e Carmen Gallego, e a portavoz de Pesca no Parlamento e tamén candidata Marisol Soneira. A comitiva socialista visitou os stands da feira na que están representados 500 expositores de 33 países, e agarda mais de 25.000 visitantes de profesionais do sector.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar