Pachi Vázquez comprométese a constituír un Instituto de Crédito e Finanzas para apoiar ás empresas galegas

Pachi Vázquez comprométese a constituír un Instituto de Crédito e Finanzas para apoiar ás empresas galegas

Pachi Vázquez comprométese a constituír un Instituto de Crédito e Finanzas para apoiar ás empresas galegas

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, comprometeuse en Vila de Cruces a constituír un Instituto de Crédito e Finanzas para apoiar ás empresas galegas. O líder socialista visitou o parque empresarial desta vila pontevedresa, onde mantivo unha serie de encontros cos responsables e os traballadores das empresas Industrias Guerra e Hitraf acompañado polo candidato socialista Pablo García.

Vázquez explicou que este Instituto substituiría ao Igape, que “de pouco vale cando financia un crédito que nunca chega e un goberno galego que financia parte do crédito cando as empresas non o reciben”. Este organismo, que sería creado a imaxe do constituído en Andalucía, “permitirá chegar directamente, e en condicións favorables, os recursos ás Pemes do sector agrícola, gandeiro, forestal e naval”.

O responsable socialista propuxo a dinamización destas empresas para “fomentar a internacionalización e incrementar os sistemas de financiamento local” para responder a unha economía cun consumo interno cada vez mais pequeno e un consumo internacional cada vez mais grande”.

Propuxo que o goberno galego “colabore coas empresas e as administracións locais e provinciais para facer un país que acade os máximos niveis de competitividade”, logo de catro anos de desleixo baixo o goberno de Feijóo. Dixo así que o fracaso do goberno do PP evidénciase cando o concello “non trae a tecnoloxía ao corazón industrial” do municipio, lembrando que a conexión de fibra óptica “quedou a 100 metros das empresas”.

Así o dixo nesta visita na que estivo acompañado polo candidato socialista pola provincia de Pontevedra, Pablo García, a secretaria de Medio Rural da executiva do PSdeG-PSOE, Ana Doval, o secretario da agrupación local e concelleiro, Javier Castelo.

Exemplo

Vázquez puxo ás empresas que visitou hoxe como exemplo de “cómo hai emprendedores que combinan a innovación, a tecnoloxía e a actividade empresarial e demostran cómo dende a Galicia interior se pode ser emprendedor a nivel mundial”. Dixo que constitúen “dous modelos que só necesitan dun goberno que os apoie para acadar resultados a nivel municipal”.

Sinalou que estas empresas “chegan dende o interior de Galicia a tódolos recunchos do mundo” e agradeceu o seu “esforzo por sacar adiante este país creando ducias de postos de traballo, tecnoloxía, competitividade e internacionalización”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar