Pachi Vázquez comprométese a blindar as políticas sociosanitarias de Galicia

Pachi Vázquez comprométese a blindar as políticas sociosanitarias de Galicia

Pachi Vázquez comprométese a blindar as políticas sociosanitarias de Galicia

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, dixo que a sanidade publica é un dos piares fundamentais dos nosos dereitos básicos, advirte que a sanidade publica “non é a que nos meteu nesta crise, porque a sanidade é unha víctima desta crise e non podemos consentir que tenten privatizala”. Por iso demandou “eficiencia, cabeza, proxección de futuro e asumir as realidades, esa é a clave na que vamos a construír o novo modelo sanitario”.

O candidato socialista visitou hoxe, acompañado da candidatura socialista coruñesa, o centro asistencial Domingo García Sabell na cidade herculina, e cualificou este encontro como “simbólico e emotivo”. Agradeceu o traballo “das mulleres e os homes que asumen a responsabilidade de axudar as persoas que o están pasando mal e que teñen dificultades”. E resumiu “cando visitas un centro coma este non fan falla dicir nada, soamente a miña admiración e compromiso do Partido Socialista, que cree firmemente no que facedes e que apoia todo voso esforzo”.

Argumentou que as estructuras sociosanitarias “marcaran o futuro da nosa sociedade”, porque “non hai unha raia que separa cando un esta san ou enfermo”. Explica que “hai un momento en que esto se cruza, e é cando necesitas axudas”. Vázquez loubou as organizacións que traballan desinteresadamente neste eido e prometeu “adicar unha parte moi importante dentro da sanidade publica”, a estas estructuras.

Prestige: engano e fracaso

Preguntado polos medios de comunicación polo inicio do xuízo do Prestige hoxe na Coruña, replicou que “non hai que esquecer a historia”, e asegurou que “quen enganaban naquel momento teñen hoxe máximas responsabilidades”, como o presidente Mariano Rajoy e o director xeral da Garda Civil. E insistiu “o que espero deste proceso é que nos avive a memoria a todos, porque un pobo que non recorda a súa historia nunca escribe ben a seguinte parte da historia”, espetou Vázquez.

Asegurou ademais que este xuízo lémbralle dúas palabras “engano e fracaso, porque se nos pretendeu enganar a todos, pero as voltas que dá a vida, os que nos enganaban volven estar nos cargos de máxima responsabilidade deste país”, criticou.

Vázquez asevera tamén que Galicia “non esta preparada para outro Prestige”, e asegura que hoxe tamén teriamos que “volver recoller o fuel coas mans”. E concluíu “hai que lembrar a nosa historia, e prepararnos para que no futuro non nos vaia a pasar nunca máis”.

O candidato socialista resumiu “eu veño aquí a estar coa xente e ofrecer solucións e propostas”, nese senso propuxo realizar a campaña electoral en clave de “ilusión, esperanza e futuro”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar