Pachi Vázquez compromete o traballo da Executiva para sacar adiante un proxecto ilusionante e dar alternativa política a Galicia

Pachi Vázquez compromete o traballo da Executiva para sacar adiante un proxecto ilusionante e dar alternativa política a Galicia

Pachi Vázquez compromete o traballo da Executiva para sacar adiante un proxecto ilusionante e dar alternativa política a Galicia

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, trasladou o seu compromiso persoal, e da nova Executiva “de traballar arreo para sacar adiante un proxecto ilusionante, con propostas para resolver os problemas dos cidadáns e dar unha alternativa política a este país”.

Así o afirmou na súa intervención tras a elección e constitución da nova dirección do PSdeG, na que agradeceu ademais o apoio a unha Executiva “na que todos vimos da militancia de base e levamos moito tempo traballando en todos os puntos de Galicia para sacar adiante as nosas ideas”.

Sinalou que “iniciamos un novo recorrido, que está marcado polos difíciles tempos que temos por diante, e que temos que facer acompañando aos miles de homes e mulleres que hoxe saíron ás rúas a reclamar xustiza contra unha reforma laboral que só aumentará o desemprego”.

Marcou como “punto de destino” do novo camiño do PSdeG “solucionar os problemas dos homes e mulleres deste país, da man dos socialistas de toda España”. Avogou así por “unir esforzos para demostrar que en Galicia está rematando unha época do PP e está comezando outra distinta”.

“O noso compromiso é Galicia e o socialismo”, proclamou, e defendeu a necesidade de canalizar ese compromiso e enerxía no traballo nas rúas, sedes e agrupacións locais. “Vamos polo camiño necesario, porque para ser unha alternativa de goberno non hai atallos, hai que traballar para recuperar a confianza dos cidadáns”, afirmou.

Vázquez dedicou parte da súa intervención ao Debate do Estado da Autonomía, que terá lugar este martes no Parlamento de Galicia, e que asegurou “será o último do Goberno de Feijóo, dun goberno que chegou xerando ilusión a moitos cidadáns, e que hoxe xa ven que en realidade non aportou solucións aos seus problemas”.

Avanzou así que neste debate o PSdeG pedirá contas a Feijóo “por enganar durante tres anos a este país”. “Vamos a dicirlle alto e claro que foron os peore

s tres anos da historia da democracia de Galicia, e que Feijóo foi o presidente que lle recortou dereitos e ilusións aos cidadáns e ao que lle sobrou desprezo e indiferencia cara este país”.

“A dereita non ten solucións, pero os socialistas vamos a poñer enriba da mesa propostas económicas e laborais, blindando as políticas sociais. Nos si temos solucións e queremos paso para presentalas e para gobernar este país”, afirmou Vázquez.

Por elo, adiantou que tras o debate, manterá unha reunión cos axentes sociais, sindicatos, empresarios e con outras formacións da esquerda galega “para dicirlles que Galicia necesita a toda a esquerda deste país para dar unha alternativa política ao PP”.

Incidiu na necesidade de “falar con todas as formacións progresistas” porque “non son os nosos adversarios. Somos partidos distintos, pero necesitámonos para facerlle fronte á dereita”.

“A xente hoxe xa sabe que a dereita os enganou, o que non saben aínda é se a esquerda está preparada para gobernar: Pídovos unidade e compromiso para demostrarlle que podemos facelo”, remachou.

Avogou así por “pasar hoxe a páxina deste Congreso e poñernos xa a traballar para sumar o quen os une e nos fai fortes para sacar adiante este partido e este país”. “Hoxe fomos capaces de consensuar unha lista de integración para o Comité Federal e o Comité Nacional, poñámonos xa dende mañá a traballar para sumar o que nos une e nos fai fortes para sacar adiante o partido”, dixo.

“Neste partido cabemos todos e todas, e facemos falla todos e todas”, afirmou.“Cando a xente vexa que en vez de falar dos nosos problemas na prensa falamos de como resolver os problemas dos cidadáns, dirán: ese é o partido que queremos e que nos fai falla”.

Abrir as portas do futuro
“Pechamos un Congreso pero abrimos as portas do futuro deste país”, proclamou Pachi Vázquez, para a continuación expresar o seu orgullo “porque o futuro do PSdeG está claramente vinculado ao futuro de Galicia”. “Se o PSdeG é forte, a alternativa de esquerda en Galicia será forte”, concluíu.

Por último, dirixiuse á militancia para dicirlles: “cumpristes, tomastes unha decisión, e podedes dicirlle aos compañeiros e compañeiras que demostrastes que sen a militancia non somos ninguén, e que non lles imos a fallar”. “Gracias por crer que é posible gobernar este país”, remachou.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar