Pachi Vázquez chama aos mozos emigrantes a impulsar un cambio de progreso para recuperar os dereitos que suprime o PP

Pachi Vázquez chama aos mozos emigrantes a impulsar un cambio de progreso para recuperar os dereitos que suprime o PP

Pachi Vázquez chama aos mozos emigrantes a impulsar un cambio de progreso para recuperar os dereitos que suprime o PP

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, chamou hoxe aos emigrantes mais mozos a “impulsar un cambio de progreso que permita recuperar os dereitos que está suprimindo o PP” nos gobernos de España e Galicia. Así o dixo nunha serie de encontros con emigrantes nas capitais de Arxentina e Uruguai.

O líder dos socialistas galegos propuxo hoxe en Buenos Aires –Arxentina- e Montevideo –Uruguai- reactivar os intercambios de docentes e estudantes galegos cos países con forte presenza da emigración.

O líder dos socialistas galegos sinalou, nun encontro con mozos e mozas no Centro Betanzos de Bos Aires, que a formación dos fillos e netos de emigrantes será unha das prioridades dun goberno socialista para a emigración. Anunciou “a creación de redes educativas e culturais que vinculen aos descendentes dos galegos emigrados co sistema educativo galego en tódolos seus niveis”.

O candidato socialista presentou esta proposta “como fórmula que permita a unión destas novas xeracións de galegos e galegas coa terra de orixe e cos seus proxectos colectivos”. Así, propuxo que os fillos de emigrantes galegos poidan estudar en centros públicos galegos, mentres os estudantes de Galicia poden completar a súa formación no estranxeiro.

Pachi Vázquez visitou o Centro Gallego na capital de Arxentina, onde mantivo un encontro coa dirección deste hospital e constatou o abandono ao que o ten sometido Feijóo como presidente da Xunta. Sinalou que “nunca na historia deste centro –onde ten falecido o propio Castelao- un presidente de Galicia ten provocado unha situación tan crítica”.

Pachi Vázquez comprometeuse tamén a aprobar unha Lei de Galeguidade “mais realista, en relación coas necesidades e demandas de hoxe en día, e mais eficiente, pero sobre todo que permita proxectar o futuro”. O obxectivo é “constituír un instrumento para a revitalización do asociacionismo galego no exterior e para impulsar a nosa identidade –a lingua e a cultura- e a nosa economía”.

Dixo que este texto será fundamental “para aproveitar a marca Galicia, que está en todo o mundo e debe ser un revulsivo para xerar riqueza para os galegos dentro e fora de Galicia”. Propuxo tamén impulsar unha Rede de Centros Galegos no Mundo “como núcleos da nosa identidade cultural, e a interrelación entre os empresarios galegos no exterior e en Galicia” para convertelos en “plataformas de difusión da cultura galega”.

Pachi Vázquez celebrou hoxe unha xuntanza con mulleres e mozos e mozas no Centro Betanzos de Buenos Aires, para a continuación visitar o Centro Galego da capital de Arxentina. Xa pola tarde viaxou a Montevideo –Uruguai-, onde visitou a Casa de Galicia, antes de pechar a viaxe mañá martes pola tarde –noite en Galicia- cun encontro co presidente uruguaio, José Mújica.

Avellaneda

O candidato socialista acadou o compromiso de defender a política social tamén para a emigracións. Así o dixo onte nun acto político no centro Estrella Sur de Avellaneda, un dos concellos de Buenos Aires con maior número de emigrantes procedentes de Galicia e, dixo, “onde viven os galegos que mais necesitan da protección do goberno galego, que lles ten dado as costas nos últimos catro anos”.

Pachi Vázquez acadou o “compromiso de defender o principal, que son a sanidade, a educación e as pensións” en nome dos “milleiros de homes e mulleres que dende España queremos defender esta política social e para garantir as súas pensións”. Apuntou que un total de 10.000 emigrantes teñen perdido as súas atribucións dende que goberna Rajoy.

O candidato socialista salientou que os veciños e veciñas de Avellaneda, un concello humilde nacido da emigración, “saben cál é a realidade do noso país”, e explicou que “compartimos a mesma análise, que desta crise se sae apostando polo crecemento e non polo sufrimento no que nos está a meter a dereita”.

Pachi Vázquez participou neste encontro na tarde do domingo –noite en Galicia- e, xa o luns pola mañá, mantivo un encontro con mozos e mulleres no Centro Betanzos. Tamén visitou o Centro Galego de Bos Aires antes de partir cara Montevideo –Uruguai-, onde proseguiu coa súa axenda de visitas co presidente de Uruguai.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar