Pachi Vázquez chama a "votar cambio para saír da crise pola esquerda"

Pachi Vázquez chama a "votar cambio para saír da crise pola esquerda"

Pachi Vázquez chama a "votar cambio para saír da crise pola esquerda"

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, dixo que “Feijóo e Rajoy son dúas caras da mesma moeda” que enganaron “a todos” co seu programa electoral e tamén cos datos económicos de Galicia. Vázquez interveu no Carballiño -xunto co portavoz socialista na localidade, Francisco Fumega, e a candidata María Quintas- ante 800 persoas ás que chamou a “votar cambio para sacar a Galicia da crise pola esquerda” blindando os servizos públicos.

O candidato socialista aludiu ao informe elaborado polo ex conselleiro de Economía con Fraga, Xosé Antón Orza, que evidencia que Feijóo “enganou nas contas de 2010 deixando no caixón 411 millóns de euros de déficit”. Salientou que “o déficit que Feijóo dicía que estaba niquelado en realidade está oxidado” co que “en lugar de ser a primeira Comunidade Autónoma en control do déficit estamos no vagón de cola”.

Pachi Vázquez dixo hoxe que “medrou o paro o dobre que no resto do Estado, duplicamos a débeda de toda a historia de Galicia e temos mais déficit que ninguén, qué negocio é este?”. Acusou a Feijóo de enganar “tal e como fixo cando prometeu acabar co paro en 45 días”.

O líder dos socialistas galegos criticou a suposta austeridade de Feijóo e Rajoy porque, dixo, “cando a un lle sacan o que lle sobra é austeridade, cando lle sacan o que lle falta é pobreza”. Lembrou así que na pasada lexislatura os galegos tiñan libros de texto e ambulancias gratuítas, mentres Feijóo impuxo o pago dos libros de texto, vai impoñer o pago de ambulancias e subiu o prezo do transporte escolar.

Acusou ao PP de “ter a cara” de “presumir” de aforrar 300.000 euros ao día en medicamentos “que teñen que pagar os enfermos” e libros “que teñen que pagar as familias”. Subliñou que “eu non quero ser o presidente dos grandes empresarios nin das corporacións, quero ser o presidente das familias que non chegan a fin de mes, dos que buscan traballo, das empresas que non chegan e dos becarios aos que lles quitan as bolsas”.

Sacar a Galicia da crise pola esquerda

O candidato socialista chamou a votar aos indecisos que non queren un goberno da dereita para “sacar a Galicia da crise pola esquerda” garantindo a educación, a sanidade e a atención á dependencia de carácter público. Chamou así a saír da crise facendo política “para as persoas”, a través dun camiño “duro e difícil” pero xusto cos mais prexudicados mentres a dereita “exprime aos enfermos, estudantes e pensionistas”.

Puntualizou que “si os que dubidan a día de hoxe nos apoian, a partir do día 21, en vez dun goberno e un presidente que só pensan en si mesmos haberá un goberno e un presidente socialista que pensan na xente que os necesitan”. Dixo que “cando a xente non vota gaña a dereita, pero canda a xente ponse de pé e non se resigna gaña a esquerda”.

Ademais, comprometeuse a gobernar sen despedir ningún empregado público porque “cada vez que despiden a un médico ou un profesor están prexudicando a calidade dos servizos públicos”. Dixo que “nesta crise non entramos por culpa da educación, dos pensionistas, dos parados nin dos estudantes, entramos por culpa dos bancos que crearon un sistema especulativo e que cando se afundiu todo desapareceron”.

Pachi Vázquez subliñou que “están os tempos para axudarlle ás familias que o están pasando mal”, polo que comprometeu 25.000 bolsas contrato para outros tantos mozos e mozas no paro a través dun Plan de Emprego Xuvenil. Tamén comprometeuse a eliminar as axudas aos centros concertados que segregan por sexos para destinar eses cartos a pagar os libros de texto gratuítos.

Comprometeuse tamén a que os pensionistas galegos non teñan que pagar polos seus medicamentos co copago imposto por Rajoy e Feijóo. Tamén apostou polo investimento en políticas de igualdade e na equiparación salarial entre homes e mulleres mentres o PP, dixo, “cando hai problemas, caladiño empeza por botar ás mulleres do mundo do traballo”

Advertiu que “votar ao PP é votar por pagar polos medicamentos, polo transporte escolar ou polos libros de texto, é votar contra ti mesmo” e apostou por “cobrar mais aos mais ricos e investir en universidades e ensino”, seguindo o modelo de Francia “e non o de Grecia e Portugal, como segue a dereita”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar