Pachi Vázquez chama a votar ao PSOE para saír da crise sen recortar dereitos

Pachi Vázquez chama a votar ao PSOE para saír da crise sen recortar dereitos

Pachi Vázquez chama a votar ao PSOE para saír da crise sen recortar dereitos

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, fixo un chamamento aos progresistas, e nomeadamente ás mulleres e aos xovenes, a votar ao PSOE o 20N “para defender unha saída da crise sen recortar os nosos dereitos” fronte aos “recortes salvaxes do PP”. Así o dixo na súa intervención no acto central de peche de campaña en Sarria, xunto ao candidato ao Congreso de Lugo, José Blanco.

“A nosa saúde e a nosa formación non teñen prezo”, proclamou na súa intervención, para engadir acto seguido que o PP “pretende poñerlles prezo, cobrando pola tarxeta sanitaria, e separando aos cidadáns entre persoas con recursos e sen recursos”.

Aludiu así ao caso feito público hoxe dunha muller, desempregada de longa duración, á que lle denegaron o acceso á consulta médica e á asistencia farmacéutica, despois de que o Sergas lle desactivase a tarxeta sanitaria por ser unha persoa sen recursos económicos. Lembrou que o PSdeG xa denunciou que este era o obxectivo do decreto aprobado polo PP o pasado 9 de setembro.

“Esta é a sanidade que nos ofrecen Feijóo e Rajoy: unha sanidade distinta para ricos e pobres, e cun obxectivo final: o copago”, sentenciou.

Ao fío disto lembrou que “Rajoy xa confirmou que non hai ningún dereito social intocable para o PP”. “A dereita, Feijóo e Rajoy, que son a mesma cara da moeda, non queren defender os nosos servizos públicos, só queren recortalos, por unha decisión ideolóxica e porque onde nos vemos dereitos eles ven negocio”, proclamou.

Insistiu en que Galicia “é o exemplo do que pretende facer o PP en toda España”, que se traduce en “incremento do 380 por cento do paro en servizos sociais, un 40 por cento en sanidade, un 20 por cento en dependencia e un recorte do 80 por cento nas subvencións aos concellos para prestar servizos públicos”. “Isto é o que fai o PP polos nosos dereitos sociais”, sentenciou.

Rubalcaba, o mellor candidato para saír da crise

Expresou o “orgullo” dos socialistas por contar cun candidato como Rubalcaba “que non cre que a saída desta crise se teña que facer cunha tixeira e ao ditado dos mercados financieros”.

“Non son os bancos nin os mercados financeiros os que deciden quen goberna, só os cidadáns podemos decidilo”, remachou, á vez que avogou por “saír da crise con investimentos en formación e innovación e xerando máis ingresos, que teñen que aportar os que máis gañan”.

Por todo elo, pediu o voto para o PSOE “un partido que ten por obxectivo saír desta crise sen restar dereitos sociais aos cidadáns”. “Necesitámolo todos, pero máis os galegos e galegas, que xa estamos a ver como o goberno do PP nos quita cada día un dereito e unha prestación”.

“Non podemos consentilo, e por elo temos que acudir todos e todas a votar o 20N, para defender os nosos dereitos fronte a un PP cuxa única proposta para saír da crise é acabar coa sanidade, a educación e a dependencia, recortar as prestacións aos parados e revisar as pensións”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar