Pachi Vázquez chama a unidade e responsabilidade da esquerda, para evitar que Rajoy e Feijoo acaben co estado social

Pachi Vázquez chama a unidade e responsabilidade da esquerda, para evitar que Rajoy e Feijoo acaben co estado social

Pachi Vázquez chama a unidade e responsabilidade da esquerda, para evitar que Rajoy e Feijoo acaben co estado social

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, fixo un chamamento á responsabilidade da esquerda para a formación de gobernos de progreso con garantía de estabilidade e apelou ás posibilidades do PSOE para gañar tanto as próximas eleccións xerais como as autonómicas de 2013, sempre e cando resintonice coa sociedade. Ademáis, referiuse ao partido socialista como a única alternativa para evitar que a “Feijoo e Rajoy” cumpran o seu sono: “desmontar o estado social”, pois Feijoo xa se mostra agora incapaz, dixo Pachi Vázquez, de garantir a sanidade pública en Galicia.

"Acabamos de ter un revés electoral, pero digo alto e claro que o PSOE é un partido para gañar eleccións, nacionais e autonómicas”, dixo durante a súa intervención ante o Comité Nacional que tivo lugar hoxe en Santiago.

Pachi Vázquez recoñeceu que "o 22 de maio non conseguimos cumprir os obxectivos marcados, perdemos apoios e alcaldías”, pero tamén que “a responsabilidade non é unicamente dos candidatos e candidaturas, pois pagamos inxustamente a peaxe da crise”.

Neste senso, Vázquez subliñou que “a pesares da crise, en Galicia o resultado foi discretamente mellor que no resto do Estado". Deste xeito, lembrou que "a nivel estatal, os socialistas perdemos algo máis de 7 puntos con respecto ás eleccións municipais do 2007, e sen embargo, en Galicia a perda foi de 3 puntos con respecto ao 2007”.

Ademais, o líder dos socialistas fixo fincapé en que “Ourense foi a única provincia de España onde subimos algo máis dun punto, e na provincia de Pontevedra a caída foi mínima, baixando menos de 2 puntos”. Incluso en A Coruña, engadiu, “onde perdemos 5 puntos, estamos moi por debaixo da perda media de España", o que lle levou a concluír que “aguantamos algo mellor que no resto de España”.

O secretario xeral dos socialistas galegos destacou que "a pesares do retroceso claro da esquerda, o PP só obtivo 14.000 votos máis que a suma dos partidos da esquerda galega; tendo o PP 709.816 votos fronte aos 695.958 que sumaron PSdeG, BNG e EU”. Por isto, alertou de que "para cambiar a situación política de Galicia é indispensable conseguir a unidade da esquerda, e o PSdeG ten que ser a forza política galega que aglutine este inmenso caudal da esquerda en Galicia".

Neste senso, Pachi Vázquez vaticinou que “se a esquerda está practicamente empatada en número de votos coa dereita en toda Galicia, non se poden poñer trabas para garantir a gobernabilidade dos concellos que teñen unha maioría clara de esquerdas”.

Deste xeito, insistiu en que "non é suficiente con facilitar as investiduras dos alcaldes progresistas, hai que garantir a gobernabilidade ao longo da lexislatura. É un erro político grave adoptar actitudes que favorezan os intereses do Partido Popular".

O líder dos socialistas reivindicou que "Galicia non pode ser un feudo da dereita, e para evitalo, temos que demostrarlle ao electorado que somos capaces de chegar a acordos e programar un modelo de xestión conxunto e estable, por isto lle pido as outras forzas políticas da esquerda xenerosidade e responsabilidade".

Invitou, polo tanto, á apertura de “procesos de negociación cos partidos de esquerdas, pero tamén lles digo a eses partidos (BNG e Esquerda Unida) que non vale agacharse, non vale esconderse esconderse, porque si non buscamos fórmulas para a gobernabilidade, coaligados ou non, defraudaremos a este país”.

Feijoo non garante a sanidade pública galega

Pachi Vázquez destacou que "o PP, nada máis gañar as eleccións, quitouse a careta: no foi capaz de falar de sanidade ao longo de toda a campaña, pero inmediatamente despois Feijoo manda a mensaxe de que non garante a sanidade pública galega".

Neste senso, denunciou que “o Goberno galego ten facturas e facturas gardadas nun caixón sen pagar, privatiza o hospital de Vigo, centros de saúde, recorta medicamentos, máis aló do propio catálogo. Por isto, non podemos baixar a garda e debemos esixirlle a dereita que queremos solucións e non desculpas”.

Primarias e Conferencia Política
Pachi Vázquez remarcou que "o PSdeG ten que mirar cada adiante, xa que en menos dun ano haberá eleccións xerais e debemos traballar dende a unidade e o compromiso”. Lembrou que "estamos inmersos nun proceso de primarias e que Alfredo Pérez Rubalcaba é o candidato no que temos depositada a máxima confianza para pararlle os pes á dereita”.

Reclamoulle, ademais, ao Goberno de Zapatero que “non caia na trampa de Confederación de Empresarios e non deixe sós aos traballadores trala ruptura do diálogo social entre patronal e sindicatos”.

Neste senso, Vázquez avogou por encarar as próximas eleccións cunha mensaxe renovada “que nos axude a resintonizar coa sociedade, temos que volver a falar no idioma que fala a cidadanía, temos que escoitar os que se está a falar nas prazas do noso pais, xa que moitas das cousas que alí se din teñen moito sentido común”.

Para lograr esa resintonización ca sociedade, Pachi Vázquez anunciou que o PSdeG márcase cinco obxectivos fundamentais que cumprir neste próximos meses. Deste xeito, sinalou que "debemos implicar a todo partido no proceso das primarias, para elaborar unha mensaxe renovada, ademais de continuar ca nosa acción política nas institucións e na rúa para buscar alternativas”.

O líder dos socialistas galegos tamén apostou por "intensificar o traballo das Comisións Executivas Provinciais e Locais, na búsqueda de estratexias que nos leven a gañar a confianza dos cidadáns en cada concello”. Vázquez matizou que “debemos aproveitar o novo potencial que entra nas vindeiras corporacións locais, onde case un 50% de concelleiros debutan en política”.

Outro dos obxectivos marcados pasa por “fortalecer as nosas estruturas, mellorala nosa comunicación e sobre todo saír das sedes, pois non chega con ser moitos militantes e ter moitos debates internos: hai que saír a rúa. Temos que ser capaces de que os cidadáns nos vexan como o partido que mellor soluciona os seus problemas e mellora garante os seus dereitos”, reivindicou.

Ante o plenario do Comité Nacional, Pachi Vázquez apelou á necesidade, a partir de agora, de “máis traballo e máis compromiso ideolóxico” posto que se aveciñan “malos tempos para os cidadáns e os dereitos sociais”. Neste mesmo senso, aventurou que “Rajoy e Feijoo van a facer o que sempre soñou a dereita: desmontar o estado social, queren voltar a unha sociedade na que cada un vale en función do que ten”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar