Pachi Vázquez chama á responsabilidade no momento máis crítico da democracia para ofrecer á sociedade a alternativa de goberno que demanda

Pachi Vázquez chama á responsabilidade no momento máis crítico da democracia para ofrecer á sociedade a alternativa de goberno que demanda

Pachi Vázquez chama á responsabilidade no momento máis crítico da democracia para ofrecer á sociedade a alternativa de goberno que demanda

Ante o Comité Nacional o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE advertiu que vivimos o período máis crítico da lexislatura cun Presidente da Xunta fuxido e cómplice das medidas de Rajoy, que, no plano ideolóxico pretende recortar o Estado de dereito, limitando a competencia das Comunidades autónomas e eliminando concellos

Vázquez manifestou a solidarierade dos socialistas galegos cos sectores sociais maís afectados polos recortes que saíron masivamente á rúa o pasado día 19 a manifestarse en contra dunha cadea de decisións inxustas, erróneas e ineficaces que só nos levan cara o sufrimento, o paro e a desesperación.

Pachi Vázquez presentou ao comité unha alternativa económica baseada no impulso do crecemento, e comprometendo a creación de 50.000 postos de traballo, obtendo os recursos dun fondo cambio no modelo de fiscalidade, un imposto á banca, e a retirada do copago aos pensionistas

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE comezou a súa intervención ante o Comité Nacional dos socialistas galegos facendo referencia “á extrema gravidade da situación que vivimos”. Expresou en nome propio e do PSdeG-PSOE a “solidaridade con toda a cidadanía galega e, especialmente, os sectores sociais máis afectados polas medidas e recortes que se nos están impoñendo”.

O líder dos socalistas galegos encadrou o Comité Nacional “no período máis crítico non só desta lexislatura, senón de todo o período democrático”. Un momento “dramático” que pon ao límite non só o Estado social senón de dereito, o que provocou que saíran á rúa as estruturas da sociedade a manifestarse e dicir basta xa! A un goberno que pasou de desnortado a desesperado.

E o máximo expoñente desta política errática é Alberto Núñez Feijoo, a xuízo do dirixente socialista, que acusou ao Presidente galego de encabezar con Rajoy “un fraude electoral masivo”, que comeza en marzo de 2009 coa promesa de Feijoo de acabar co paro en 45 días e continuaba en novembro de 2011 asegurando que coa chegada de Rajoy remataría a crise porque ía crear confianza. “Feijoo é todo un visionario”, ironizou o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE.

Pero a realidade é que tres anos de goberno en Galicia e sete meses no do Estado despois Feijoo e Rajoy “só nos conducen a unha cadea de decisións inxustas, erróneas e ineficaces”. Recorda Vázquez aos que prometeron non tocar os impostos, as pensións, o copago, a educación e a sanidade públicas, que os resultados de tales promesas “os estamos vivindo todos os días”.

Dirixiuse ao máximo órgano entre congresos dos socialistas galegos para que os órganos do PSdeG-PSOE alí representados se centren na atención dos cidadáns desesperados que, por miles, se preguntan se sirven para algo a política e os políticos. Despois do decreto que “machaca á clase media e coa prima de risco en 610, “qué pensan os cidadáns?, xustifica Pachi Vázquez o escepticismo cidadán.

A falta de credibilidade das medidas do Goberno chega aos propios mercados “sen alma” nos que se apoiaron e “aos que tanto apelaban” cando estaban na oposición. As medidas de Rajoy e de Feijoo condúcennos, a xuízo do lider socialista, “ao sufirmento, a máis paro e á desesperación”. Auguran os socialistas que poderái acadarse a cifra dos 6,5 millóns de parados.

Todo polo control obsesivo do déficit público sen impulsar ao mesmo tempo o crecemento. “O control do déficit está ben, pero só ata que non xenere paro e recesión”, porque, como explica Pachi Vázquez, “o problema non é o déficit, é a débeda”.

Vázquez recriminou a Feijoo que, en plena treboada de recortes fuxira cara a latinomérica “á busca dun puñado de votos”, pero sobre todo, “escapando dos problemas do país”. “A prima donna do escenario político nacional xa non quere focos”, acusou Vázquez en alusión á constante presenza do Presidente galego nos foros madrileños.

Advirte sobre “a mentira de Feijoo” a respecto de que agora non avala o discurso de Rajoy en asuntos como os de minorar as competencias autonómicas ou nos concellos. “Feijoo dobrou o xeonllo no Consello de Política Fiscal e Financeira”, acusa Vázquez, cando os populares aprobaron medidas “que nos levan ao abismo e que atacan de cheo ao Estado autonómico”.

Un ataque aproveitando a conxuntura económica, pero que contén un fondo contido ideolóxico. “Cando se afrouxa a presión sobre o control de déficit se fai no que afecta e non nas autonomías”. Cando se pensa en retirar recursos das autonomías “falamos de menos educación, menos sanidade, e menos autogoberno”, dixo. A “cegueira económica ven seguida dunha cegueira ideolóxica, coa que pretenden desmantelar un modelo de Estado no que nunca creeron” asevera Pachi Vázquez.

Afectado de maneira especial por este sesgo ideolóxico dos populares está o municipalismo, ao que “Rajoy e Feijoo queren cargar coa responsabilidade da crise”, cando en realidade, dos 800.000 M€ de débeda de España a primeiros de ano, só 28.000M€ corresponden aos concellos, e a maioría destos cartos ás cidades de Madrid e Valencia. Por esta razón, “cando falan de reducir os concellos de menos de 5000 habitantes o que se produce è un ataque aso cidadáns que reciben os seus servizos”.

En presencia de moitos deles, a referencia de Pachi Vázquez á entrega dese 85% de concelleiros e concelleiras que “non cobran un euro” e dedican a súa vaida a axudar aos seus veciños foi acollida con aplausos do auditorio. Pachi Vázquez concretou que a reforma da Lei de Bases de Réxime Local non se pode facer como pretende o PP, xa que deben terse en conta as singulairdades de cada terriorio. Por exemplo, Galicia, onde gaña importancia a dispersión e o envellecemento da poboación, e onde se deben defender os 34.000 núcleos galegos “plantando cara a Rajoy e exprimindo os presupostos, a través duncambio na fiscalidade.

Pachi Vázquez chamou aos socialistas a coxurarse, a plantarse e dicirlle ao país que “somos capaces de presentarlles un proxecto distinto”. Pediulle ós representantes da militancia congregados no Comité Nacional “unir as mans” e os esforzos para dar “unha resposta á esperanza de miles de mulleres e homes que xa albiscan unha alternativa de Goberno en Galicia liderada polo PSdeG-PSOE”.

Pachi Vázquez propuxo un partido unido e forte “que diga claro e forte de onde vai quitar e onde vai poñer”, porque a sociedade necesita saber cal vai ser o seu futuro. A receira dos socialistas pasa pola combinación de recorte e impulso do crecemento, blindando a Educación e a Sanidade públicas. O primeiro obxectivo dos socialistas é o emprego.

Así, o seu máximo dirixente propuxo a creación de 50.000 postos de traballo para a mocidade, a muller e os parados de longa duración. Para isto serían precisos 180M€ que provirían da nova fiscalidade que, no tramo galego do IRPF “aprete aos primeiros que nos meteron nesta crise, á banca e ás rendas máis altas”, tal e como se fixo xa en Extremadura, Andalucía, ou Canarias. Pretende tamén a imposición dun imposto ambiental, como en Francia, e outro sobre as grandes superficies. Aplicaría o IBI á Igrexa.

PRIMARIAS

O líder dos socialistas galegos tamén felicitou á organización pola exemplaridade e transparencia con que se levou a cabo todo o proceso de renovación orgánica posterior ao Congreso Nacional e que culminaba hoxe coa constitución do Comité Nacional Galego.

“Agora quédanos escoller ao home ou muller que encabece a candidatura á Xunta”, dixo Pachi Vázquez para a continuación propoñer ao máximo órgano entre congresos a aprobar o calendario de eleccións primarias, tal e como se comprometera cando fora elixido secretario xeral.

Este calendario deberá ser ratificado polo Comité Federal do PSOE, a celebrar o vindeiro 8 de setembro e, como consecuencia, sitúa nas primeiras de outubro a campaña e votación, no caso de haber máis dunha candidatura.

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE pediu que este proceso se rixa pola mesma transparencia, pluralidade e tranquilidade que a renovación orgánica e que o debate interno “non nos afaste a cara dos problemas da sociedade, daqueles que creen que é posible que retorne a Galicia un goberno socialista”.

O calendario de primarias aprobado polo Comité Nacional marcaría como datas significativas o 8 de setembro, de ratificación polo Comité Federal; 9 de setembro, celebración dun Comité Nacional extraordianrioa para abrir oficialmente o proceso; do 9 ó 24 de setembro, prazo de presentación de candidaturas; e, finalmente, o 6 de outubro, data de votación.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar