Pachi Vázquez chama a “frear co voto a segunda marea negra que está a sufrir Galicia, a dos recortes de Feijóo e Rajoy”

Pachi Vázquez chama a “frear co voto a segunda marea negra que está a sufrir Galicia, a dos recortes de Feijóo e Rajoy”

Pachi Vázquez chama a “frear co voto a segunda marea negra que está a sufrir Galicia, a dos recortes de Feijóo e Rajoy”

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, animou en Camariñas “a frear co voto a segunda marea negra que está a sufrir Galicia, a dos recortes de Feijóo e de Rajoy”. E engadiu que de cara ó voto o próximo domingo, “a clave está nos socialistas” e advertiu do perigo da vitoria dos populares “se a nosa xente se queda na casa e non vota”.

Cando se cumpren dez anos da catástrofe do Prestige, Pachi Vázquez animou ós galegos a deter co seu voto, a marea negra dos recortes da dereita, “do mesmo xeito que hai dez anos paraches a marea negra do Prestige”.

Nun acto en Camariñas, dixo que “non hai que ser moi listo para darse conta que nesta crise non nos meteron os traballadores, que hoxe sofren as súas consecuencias”. “Empéñanse en que teñen que pagar a crise os pensionistas, os funcionarios, os estudantes e os parados”, e engadiu “queren sacarlles os cartos para darllos aos bancos, hai que dicir que non”, aseverou o candidato socialista.

“Imos pararlle os pes á dereita”, continuou Pachi Vázquez. Criticou a Feijóo, “que agora xa non coñece a Rajoy, cando hai un meses recorría Galicia pedindo o voto” para el. Acusou aos populares adiantar as eleccións polo medo ao rescate, “vannos levar a todos polo camiño de Grecia e de Portugal”.

Voto indeciso

“Mirade como viviades hai catro anos e mirade como vivides hoxe”, increpou Pachi Vázquez. En referencia ás enquisas que falan dun 40 por cento de voto indeciso, sinalou que “a clave está en nós, nos socialistas”. “Un país non se cambia chorando, cámbiase votando”, destacou o candidato socialista, que advertiu do perigo da vitoria dos populares “se a nosa xente se queda na casa e non vota”.

“O dia 21 hai que decidir o modelo de vida para os próximo catro anos, alguén oíu o programa do PP?” preguntouse Pachi Vázquez. “Ninguén o pode dicir”, asegurou, criticando que o ocultan porque “van recortar en dereitos sociais e a cobrar a Sanidade e a Educación, a acabar co Ensino público”.

Pachi Vázquez mostrouse orgulloso de traballar para Galicia, “para enganar xa está o PP”, sinalou. “Non corren tempos para dicir o que se quere oír, corren tempos para dicir a verdade”, afirmou. Pachi Vázquez explicou o seu programa electoral ós simpatizantes de Camariñas destacando os cinco puntos principais: Emprego, Sanidade, Educación, Dependencia e Igualdade entre homes e mulleres”.

Reiterou o seu compromiso coas mozas e mozos deste país que están no paro. “Imos falar de emprego”. A este respecto, sinalou que do orzamento da Xunta, de 9 mil millóns de euros, destinará 39 millóns de euros a 25.000 becas contrato para mozos e mozas. Cómo non imos poder dedicar esa cifra para a xuventude, para darlle unha oportunidade?”, preguntouse. Comprometeuse a traballar, dende o primeiro día, “para crear emprego de calidade, que é o problema que ten Galicia”, sinalou Pachi Vázquez, que defendeu o proxecto socialista fronte aos “enganos e as mentiras de Feijóo”, dixo en relación con Pemex e Alcoa, a taxa do paro, a débeda e o déficit.

“Nós imos dicirlles de onde hai que sacar os cartos para que non paguen os que teñen pouco, deben pagar os grandes patrimonios e as grandes fortunas”, afirmou o candidato socialista á Presidencia da Xunta. “Os cartos hai que buscalos onde os hai, non hai que sacalos dos que xa non chegan a final de mes”, sentenciou Pachi Vázquez.

Animando á mobilización o próximo domingo dixo que “a desilusión non cambia gobernos, o que cambia gobernos son os votos”. “Manifestarse está ben, pero se o 21 non imos votar, non vale para nada”.

Sinalou a necesidade de finalizar o proxecto da autovía da Costa da Morte “que Feijóo ten paralizada”, acusou. “Unha arteria por onde ven o crecemento e a economía, a oportunidade de abaratar os costos, de facer solo industrial e loxística para ser competitivos”.

O líder socialista interveu neste acto xunto coa secretaria xeral da agrupación socialista de Camariñas, Encarna Liñeiro, o alcalde do concello, Manuel Valeriano Alonso e a candidata socialista, Marisol Soneira. Entre os asistentes atopábase tamén o alcalde de Muxía, Félix Porto. Marisol Soneira criticou a Feijóo por avergoñarse das siglas de seu partido e de ocultalas durante a campaña. Así mesmo, pediu o voto para o Partido Socialista que, “é o voto que pode facer que as cousas cambien”.

32641281A

1 Comentarios

  1. Francisco
    Outubro 15, 2012 a 00:43

    Es una pena que Pachi Vázquez sea el candidato, está podrido, así como llevar como nº 2 por A Coruña al Sr. Méndez ( un delincuente político), menos mal que con la derrota del próximo domingo provocará que haya un nuevo PSG en Galicia….Que pena !!!

Deixar a resposta

Pechar