Pachi Vázquez chama a "defender os dereitos sociais" nas eleccións garantindo un goberno socialista

Pachi Vázquez chama a "defender os dereitos sociais" nas eleccións garantindo un goberno socialista

Pachi Vázquez chama a "defender os dereitos sociais" nas eleccións garantindo un goberno socialista

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, dixo hoxe en Montevideo –Uruguai-, que “a mellor maneira de defender os dereitos sociais é participar nas eleccións do 21-O”. Dixo que un goberno progresista en Galicia é a única garantía para recuperar o crecemento económico e manter os servizos públicos.

Vázquez advertiu que o candidato do PP “adianta as eleccións para adiantarse ao rescate económico do país e aos recortes en pensións, sanidade e educación que queren levar adiante Rajoy e Feijóo”. Vázquez propuxo “deixar de lado as políticas do sufrimento e pasar ás políticas de crecemento económico para saír dunha vez desta maldita crise sen esquecernos da xente da emigración”.

O candidato socialista presentou as súas propostas na emigración co obxectivo de “abrir a porta á esperanza e a outra maneira de afrontar a crise”. Así o dixo nun acto na sede do PSOE en Uruguai, logo de visitar a Casa de Galicia e antes de manter unha xuntanza co presidente do país, José Mújica, coa que pechará a viaxe a América na tarde de hoxe –noite en Montevideo-.

Prestacións sociais

Pachi Vázquez comprometeuse, durante a súa visita ao Centro Galego de Bos Aires e á Casa de Galicia, en Montevideo, a garantir prestacións sociais sanitarias aos emigrantes galegos. Vázquez lembrou que o hospital Casa de Galicia foi impulsado e modernizado polo goberno socialista na Xunta durante a pasada lexislatura.

Tamén criticou o “lamentable abandono” por parte de Feijóo ao Centro Galego de Bos Aires, e puntualizou que “nunca na historia deste centro –onde ten falecido o propio Castelao- un presidente de Galicia ten provocado unha situación tan crítica”.

O líder dos socialistas galegos criticou a “gran insensibilidade por parte do Goberno galego sobre a cidadanía no exterior”. Dixo que “non podemos dar as costas a aqueles que tanto fixeron por Galicia” e instou a “falar do futuro da educación e da sanidade públicas e dos dereitos que se lle quitaron a esta xente”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar