Pachi Vázquez censura a Feijóo o abandono das políticas de prevención e reclama unha lei de montes de consenso que faga rendible a súa explotación

Pachi Vázquez censura a Feijóo o abandono das políticas de prevención  e reclama unha lei de montes de consenso que faga rendible a súa explotación

Pachi Vázquez censura a Feijóo o abandono das políticas de prevención e reclama unha lei de montes de consenso que faga rendible a súa explotación

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, ven de esixir a comparecencia no Pleno da Cámara galega ao Presidente, Núñez Feijóo, para, “con humildade”, lograr un “consenso” sobre unha lei de Montes que “faga o monte rendible”, xa que, onde as explotacións forestais van ben, o non hai lumes.

Censura a lei de Montes aprobada polo Partido Popular sen o conveniente consenso e que xa ten demostrado a súa incapacidade para resolver a cuestión dos lumes forestais. O monte “necesita acordos e prevención”, dixo Pachi Vázquez, que recrimina ao Goberno Feijóo e aos populares ter esquecido estes dous aspectos.

En rolda de prensa, o líder dos socialistas galegos felicitou á cidadanía, aos bombeiros e aos corpos e forzas de seguridade que participan na extinción dos lumes en toda Galicia. A continuación Vázquez cargou sobre o Goberno galego, que “abandonou á súa sorte” á unha gran parte da poboación deste país, que viven nos 34.000 núcleos de poboación, na súa maior parte aldeas.

Censurou ao Executivo de Feijóo que abandonara as políticas de prevención desde hai cinco anos. Deixáronse de facer as políticas de limpeza de perímetros forestais en núcleos rurais. Unha das razóns polas que este ano se incrementaron notablemente os incendios adquiren a alerta de categoría 1, cando existe un perigo vital.

O problema en Galicia “xa no é so o lume”, dixo Pachi Vázquez, “é o risco para as persoas e paras as casas”. A diferenza doutros anos, hai incendios onde se deixou arder o monte para que non arderan as casas. A nova lei de Montes, aprobada en solitario polo PP, “o que lle da é patente de corso ao lume para que continúe campando ás súas anchas polo noso país”, insistiu o dirixente socialista na súa argumentación.

O monte deixará de arder en Galicia cando a cidadanía “vexa nel unha rendabilidade”, no país maior produtor de madeira de toda España non pode haber “un Goberno e unha lei que o único que fai é imposibilitar a rendibilidade do monte no noso país”, aseverou Pachi Vázquez.

Condenou a negativa da conselleira de Medio Rural a comparecer de urxencia no Parlamento cando Galicia é noticia por unha serie de lumes que non só pon en perigo especies naturais e cultivos, senón porque hai un “risco vital” para as persoas que viven nas aldeas. Criticou tamén que a consellería pretendera deixar aos alcaldes “o marrón da extinción” con brigadas inexpertas, mentres se lle retiraban as subvencións para as labores de prevención.

Pachi Vázquez pediu a reflexión sobre a influencia da caída demográfica na poboación rural, cada vez máis envellecida e indefensa. Isto multiplica os riscos “dunha catástrofe que todos queremos que nunca ocorra” denunciou.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar