Pachi Vázquez: "Cando Galicia necesita solucións, Feijóo só ofrece especulacións"

Pachi Vázquez: "Cando Galicia necesita solucións, Feijóo só ofrece especulacións"

Pachi Vázquez: "Cando Galicia necesita solucións, Feijóo só ofrece especulacións"

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, criticou hoxe que “cando Galicia necesita solucións Feijóo só ofrece inseguridade e incertidume” e prepara a data das eleccións pensando exclusivamente no seu interese. Así o dixo na Festa Socialista de Negreira, na que tamén interviñeron o secretario provincial, Francisco Caamaño, e o secretario local, Jorge Jesús Tuñas.

 

O líder dos socialistas galegos esixiulle ao presidente da Xunta que fixe a data das eleccións “pensando no interese de Galicia e dos galegos e das galegas” e faga pública a súa decisión “canto antes”. Advertiu que coa súa estratexia “en vez de darlle solucións na Galicia transmite a súa inseguridade e incertidume afondando nos problemas que temos hoxe”.

 

Por iso pediulle que “non lle temble a man para marcar a data electoral” porque “Galicia non pode vivir os momentos mais difíciles dende a interinidade, a incertidume, a inseguridade e a especulación”. Esixiulle ao presidente da Xunta que “asuma a súa responsabilidade e renuncie a facer un cálculo persoal, que faga un cálculo pensando en sacar adiante este país”.

 

O líder dos socialistas  galegos lamentou que o presidente da Xunta estea “desaparecido” e instouno a “facer o que queira pero facelo xa” porque “o país non pode estar esperando” . Lembrou en Negreira que hoxe hai 65.000 familias que viven do sector lácteo que grazas á xestión da Xunta de Feijóo son “os maiores produtores de España e teñen que vender o leite mais barato”.

 

Desculpas

 

Criticou que o único que fai a Xunta é “poñer desculpas” mentres implanta o copago aos pensionistas por primeira vez na historia de Galicia, demostrando que “lle tembla a man cando hai que cobrarlle un imposto á banca, pero é moi valente para cobrarlle a crise aos pensionistas e aos mais débiles”.

 

Explicou que mentres a Xunta recadará 33 millóns co copago, unha cantidade que son incapaces de detraer dos 3.500 millóns de presuposto da sanidade pública, ao tempo que o goberno vaille dar 9.000 millóns de euros á banca.

 

Explicou que “a única esperanza para o país é contar cun partido socialista “forte, unido e comprometido” que “fale dos problemas da xente e non cree mais problemas” como está facendo o PP.

 

 

Rescate

 

Criticou que tanto Feijóo como Rajoy teñen xa “tirado a toalla” e dirixen a España a un rescate bancario que “é para coller os cartos dos fondos de pensións”. Lembrou que antes da chegada de Rajoy a prima de risco estaba en 340 puntos e xa chegou aos 650, subiron os impostos, subiron o IVE e néganlle a sanidade aos enfermos sen papeis.

 

Pola súa banda, o secretario provincial do PsdeG da Coruña, Francisco Caamaño, acusou ao PP de “tentar por tódolos medios de camuflar a súa manifesta incompetencia”.

 

Lembrou que en só 9 meses teñen incumprido tódolos seus compromisos “enganando un día si e outro tamén” ao prometer unha baixada de impostos que en realidade subiron e comprometéndose cos servizos sociais cando Galicia vive o maior recorte nos servizos públicos da súa historia.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar