Pachi Vázquez avoga por "unir para sempre socialismo e galeguismo" e esixe a Feijóo que non converta a lingua en elemento de confrontación

Pachi Vázquez avoga por "unir para sempre socialismo e galeguismo" e esixe a Feijóo que non converta a lingua en elemento de confrontación

Pachi Vázquez avoga por "unir para sempre socialismo e galeguismo" e esixe a Feijóo que non converta a lingua en elemento de confrontación

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, expresou o compromiso firme do PSdeG “no apoio e defensa da nosa lingua, unindo para sempre socialismo e galeguismo”. Así o afirmou no mitin de Ourense, coincidindo co Día das Letras Galegas, no que participou xunto ao candidato á reelección neste concello, Francisco Rodríguez, e o ministro do Interior e vicepresidente primeiro do Goberno, Alfredo Pérez Rubalcaba.

“Somos socialistas e galegos, e hoxe, Día das Letras Galegas, quero manifestar o compromiso, apoio e defensa da lingua galega, unindo para sempre socialismo e galeguismo. Ninguén pode querer a Galicia e desprezar a nosa lingua, ninguén pode dicirse galego e atacar a nosa lingua, e é incrible que o principal inimigo da nosa lingua sexa o presidente da Xunta”, dixo.

“Non vale botar lágrimas de cocodrilo ante o panteón de galegos ilustres e ao mesmo temo poñerlle o pé no peito á nosa lingua”, sentenciou. Por elo, esixiu a Feijóo “que retire o decreto contra o galego e busque o consenso” e que “non converta a lingua, que sempre nos uniu, nun elemento de discordia”.

Vázquez expresou a súa convicción de que o PSdeG manterá ás actuais alcaldías pero pediu ao electorado progresista “que non quede na casa o 22 de maio” porque “se nos mobilizamos todos, o resultado pode ser histórico”. Destacou ademais a importancia do voto progresista en Ourense, para incrementar as alcaldías nesta provincia. “Cómprenos ata o último voto para sacar da Deputación ao cacique maior de España, que é Baltar”, proclamou.

“Nos non vamos polos mítines repartindo miles de euros; iso o fan eles”, sinalou, en alusión a Baltar, e esixiu “que digan de onde saen eses euros, de onde saen sobres cheos de cartos e que digan a quen lle sacan eses cartos”.

Apuntou que “con homes como Francisco Rodríguez, alcalde de Ourense, acabáronse estas políticas caciquís”. “Temos que defendernos do PP, de Feijóo e da Xunta, que se empeñaron en desarmar e desmontar o noso estado social”, proclamou.
Avogou por defender aos desempregados dende os concellos socialistas, porque “Feijóo logrou en dous anos poñer a Galicia á cabeza do crecemento do desemprego de España”. Por elo, pediu aos candidatos que o 23 de maio “empecemos unha cruzada dende os concellos para dicirlle a Xunta que non nos pode sacar a nosa sanidade pública, universal e gratuíta”.

“Non son eleccións para que gañe un ou outro partido, senón que van decidir a nosa vida nos vindeiros catro anos”, dixo Vázquez, “e temos que mirar aos ollos aos escépticos que non queren ir votar, e dicirlles que o voto decide se deixamos que siga a política boa, como no Concello de Ourense, ou deixamos que volvan os do enchufismo e o caciquismo”, remachou.

Advertiulle a Feijóo que “lle quedan tres días para perder a Deputación dos caciques” e esixiulle “que desautorice publicamente as cacicadas, transfuguismo, corruptelas e ameazas, de Baltar, porque se non o fai é que é igual que el”, sentenciou.

Pediulle ademais “que deixe de entorpecer a chegada do AVE a Galicia con escusas, que deixe de inventar”. Na mesma liña, o candidato á reelección, Francisco Rodríguez, preguntouse “onde estaría o PP en 2005 cando querían meter o AVE polo centro da cidade e construír un galpón”. Criticou tamén que os mesmos que fixeron o Plan Xeral de Ourense, non foron capaces de pedirlle perdón a esta cidade, unha vez anulado.

“Teñen a lingua grande para insultar, pero son mudos para criticar ao presidente da Xunta, que non investiu nin un euro nesta cidade”, remachou. “Estou esperando ao super alcalde Feijóo, para que nos explique porque se pecha o hospital de Toén, porque está paralizada a ampliación do CHOU ou os centros de saúde” e dixo “estou esperando a que veña para comparar os investimentos que fixo Zapatero nesta cidade e os que fixo Feijóo”.

Coidar e mimar a lingua
Pola súa parte, Alfredo Pérez Rubalcaba, iniciou a súa intervención referíndose ao Día das Letras Galegas e afirmou sentir “envidia” das comunidades que teñen dúas linguas. Salientou que o galego “hay que cuidarlo, porque es un patrimonio importantísimo, y hay que mimarlo”.

Afirmou que o Estado de Benestar ten nome e apelidos “partido socialista obrero español, o Felipe González y José Luis Rodríguez Zapatero”. Por elo, afirmou que “no todos somos iguales, y aquí lo sabeis bien. La primera medida que tomó Feijóo cuando llegó fue quitar la gratuidad de los libros de texto, y los alcaldes tuvieron que paliar este tipo de injusticias sociales.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar