Vázquez avoga por un Congreso galego "de reacción, rearme ideolóxico e ideas" e chama a debater dentro e fóra do PSdeG

Vázquez avoga por un Congreso galego "de reacción, rearme ideolóxico e ideas" e chama a debater dentro e fóra do PSdeG

Vázquez avoga por un Congreso galego "de reacción, rearme ideolóxico e ideas" e chama a debater dentro e fóra do PSdeG

O PSdeG celebrará entre o 9 e o 11 de marzo o Congreso galego, segundo aprobou o Comité Nacional Galego. Un congreso cuxa importancia resaltou o secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, ao afirmar que “ten que ser o da reacción, rearme ideolóxico, liderazgo e ideas”.

Así o dixo na súa intervención no Comité Nacional, no que houbo mais de 60 intervencións, e que Vázquez iniciou destacando o traballo realizado por toda a militancia nas pasadas eleccións, felicitando aos novos deputados e senadores e salientando a labor dos ministros Francisco Caamaño e José Blanco.

Fixo tamén autocrítica polo “tremendo revés electoral” das eleccións xerais. “Perdemos a confianza de moita xente que nos apoiou ata que non atopou mais razóns para facelo”, sinalou.

“A maioría dos votos que perdemos non se foron para outra casa, senón que se quedaron na súa casa, e temos que conseguir volver a ilusionalos e que volvan a confiar en nos”, apuntou. “Non é unha situación irreversible, depende de nos, de si somos capaces de facer autocrítica profunda e constructiva, renovarnos, e revitalizar este partido”, dixo.

No caso de Galicia, remarcou que a Feijóo “acabóuselle a labor de tertuliano, de falar de todo e non tomar decisións de nada, acabáronselle as escusas, e terá que comezar a asumir a súa responsabilidade”.

Responsabilidades que no caso de Galicia pasan por solucionar o problema do desemprego, a necesidade de reactivar a economía e os sectores estratéxicos, pero sen deixar aos cidadáns sen os seus dereitos básicos. “Os votantes que se quedaron na casa, que non nos apoiaron pero tampouco votaron ao PP, queren que resolvamos os seus problemas”, proclamou.

Congresos e debate
Por elo destacou a importancia dos congresos federal e autonómico “aos que temos que ir a corazón aberto” porque para ser unha alternativa sólida é necesario debater”. Destacou así que “o gran debate se chama congreso” porque son “os momentos clave para falar, e para que todo o que teña algunha proposta a poña enriba da mesa e rompamos os tabús”. “Ese é o sitio”, dixo.

“Temos que xenerar ilusións aos miles de galegos e galegas que non queren un goberno conservador, pero que non topan a confianza nin un proxecto que os ilusione”. “Iso non se fai falando mal dos compañeiros e dando problemas, faise aportando solucións para sacar adiante este país”, advertiu.

Por elo pediu “un exercicio de responsabilidade” xa que “tras este revés, o obxectivo ten que ser revisalo todo, facelo xuntos, escoitar a todos e tomar decisións entre todos”.

Considerou así que o Congreso Federal e o galego “teñen que ser os da reacción, do rearme ideolóxico, político, e de liderazgo e ideas, que nos unan fronte aos intereses minoritarios que nos poidan separar”.

“Hai un punto e empeza unha nova partida”, dixo, “que só será posible cando nos sumemos todos cun obxectivo único: ser un partido de goberno”. “Cando baixamos votos e perdemos eleccións, fallamos, porque os socialistas non somos un partido de oposición, somo un partido para gobernar”, proclamou.

Calendario

No caso do Congreso Galego, Vázquez lembrou que hai un calendario complexo, que combina o obxectivo de revitalización do partido, cun ano no que posiblemente se celebren as eleccións autonómicas.

“Non hai tempo que perder” xa que “temos 12 meses como máximo para reorganizar o noso partido, buscar aos mellores homes e mulleres e armar un proxecto sólido, para que os cidadáns digan: ‘ese é o proxecto que eu quero’”.

Defendeu un congreso galego “cun modelo propio” que non quede solapado polo Federal, e que leve a construír un proxecto “sólido e integrador, que mire para adiante” porque “Galicia non ten outra alternativa política”.

“A dereita vaille fallar aos cidadáns” advertiu, pero “fronte a iso os cidadáns teñen que ver un partido que debate, que pon sobre a mesa todas as cuestións pero que tras o congreso lle poida dar á xente solucións para resolver os problemas deste país”.

“Temos que marcar un calendario que afonde no debate, pero sabendo que fóra non van a esperar por nós”, advertiu, á vez que avogou por “facer os deberes” e por “abrir as nosas sedes de par en par e dar voz e participación aos militantes, simpatizantes e grupos de opinión, escoitando as súas propostas”.

Dixo que así será posible “conformar unha dirección de partido para pilotar un proxecto que inmediatamente despois de pechado o proceso congresual afrontará unhas eleccións autonómicas”.

“Temos que chegar aí armados ideolóxicamente e unidos políticamente, cun proxecto que pense en Galicia e no que teñen que caber todos”, afirmou.

Un proxecto que debe “dar solucións ao drama do desemprego, apostar pola reactivación económica, defender os nosos dereitos sociais, a nosa identidade e a nosa lingua”, apuntou.

“Neste momento o máis fácil é saír correndo, pero o que hai que facer é ir correndo ás nosas sede se buscar opinións e propostas, escoitar, debater, porque somos un gran partido e se vamos unidos seremos capaces de dar unha gran alternativa a este país”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar