Pachi Vázquez avoga por "traballar xuntos" para saír da crise e critica a visión "fatalista" de Feijóo

Pachi Vázquez avoga por "traballar xuntos" para saír da crise e critica a visión "fatalista" de Feijóo

Pachi Vázquez avoga por "traballar xuntos" para saír da crise e critica a visión "fatalista" de Feijóo

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, expresou a súa felicitación para o novo ano a todos os galegos e galegas e o desexo de que o 2012 “traia ao Goberno galego esforzo e traballo conxunto, no que dende logo os socialistas vamos a estar sempre colaborando para que as cousas vaian ben”.

En declaracións realizadas á Radio Galega e Cadena Ser, Vázquez aludiu aos “momentos difíciles” que estamos a vivir, pero afondou na necesidade de “non terlle medo ao futuro”. Neste senso, avogou por “traballar todos xuntos, goberno e oposición” para saír da crise, e comprometeu o traballo dos socialistas galegos neste camiño, “que seguiremos a facer con toda a ilusión, gañas e forza”.

Pachi Vázquez quixo dirixirse singularmente aos preto de 300.000 galegos e galegas desempregados en Galicia para dicirlles que “as cousas non poden seguir así, e estou convencido de que si traballamos todos xuntos teñen que mellorar”.

“Os socialistas galegos comprometémonos a traballar por elo, estamos dispostos a chegar a acordos co goberno galego”, dixo. Pediu ao presidente da Xunta “que canalice todos eses esforzos na creación de emprego e en mellorar a nosa economía, salvagardando aquelo polo que loitamos durante tanto tempo: a sanidade e a educación públicas e a dependencia”.

Dixo estar convencido de que “entre todos seremos capaces de cambiar esta situación e volver a poñer a Galicia no lugar que lle corresponde”.

Visión fatalista de Feijóo
“Non hai que renderse ante os problemas, hai que abordalos e solucionalos”, sentenciou. Por elo, criticou que Feijóo transmitise na súa mensaxe “unha visión fatalista e resignada, como se non houbese maneira de cambiar as cousas”.

“Feijóo fala da importancia de dicir a verdade, pero só con iso non chega, hai que tentar transformar esa verdade. Non basta con dicir que isto está moi mal, senón que hai que traballar para poñelo moi ben”, apuntou.

Lembrou que os socialistas galegos xa lle brindaron a súa colaboración e así o seguirán a facer, aínda que sinalou que “como presidente da Xunta, non basta con lamentarse, o que ten que facer é traballar para cambiar a situación actual”.

Por elo, dixo que “o noso mellor desexo para o vindeiro ano é que os socialistas galegos poidamos serlle útiles a Galicia, apoiando ao goberno cando faga falla e controlándoo cando sexa necesario, sempre buscando o mellor para os galegos e galegas, con lealdade e ilusión, para que o noso país empece a recuperar a senda do crecemento que tanto necesitamos”.

Recortes do Goberno de Rajoy
Respecto ás medidas adoptadas polo Goberno de Rajoy, Pachi Vázquez expresou a súa “sorpresa” ante “o pouco que tardaron en facer xusto o contrario do que prometeron”. “Rajoy percorreu España dicindo que ía baixar os impostos, e o primeiro que fai nos seus primeiros días de goberno é subilos”, lembrou.

“Moi pouco tardou o PP en demostrar a súa verdadeira cara”, afirmou Vázquez, á vez que expresou a súa preocupación porque estas medidas “non só demostran o incumprimento dos compromisos de Rajoy senón que non van polo bo camiño e só xenerarán máis paro e desequilibrio social”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar