Pachi Vázquez aposta por un gran pacto polo deporte en Galicia

Pachi Vázquez aposta por un gran pacto polo deporte en Galicia

Pachi Vázquez aposta por un gran pacto polo deporte en Galicia

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, explicou nunha reunión sectorial sobre o deporte a aposta dos socialistas por un gran pacto polo deporte en Galicia que sente as bases a partir do deporte escolar.

Pachi Vázquez lembrou que está en marcha a lei do deporte galego, e que é necesario un modelo homoxéneo e unha lei consensuada de abaixo arriba, que dea seguridade ao sector para os vindeiros anos, e que contemple a nosa realidade e a gran cantidade de núcleos de poboación que ten Galicia (34.000, a metade das de toda España).

Así, apuntou que o deporte en Galicia ten que deixar de depender do voluntariado, dos héroes que por afición se implican nos clubes incluso co seu propio diñeiro, e as axudas das administracións teñen que outorgarse por un criterio obxectivo, porque senón “se politiza o deporte”.

Pachi Vázquez chamou a atención sobre o pouco que cambiaron as caras dos que están “tirando do carro” na nosa provincia nos últimos 35 anos, porque “no deporte non cre nadie das administracións”.

“Deixamos o deporte en mans de grupos de aficionados que o fan co corazón e sen medios”, dixo.

Sobre os recortes da Xunta de Galicia nos últimos tres anos en materia deportiva, Pachi Vázquez criticou a paralización das políticas deportivas, porque se poden ralentizar pero non paralizar.

Tamén sinalou o gran desequilibrio existente entre o fútbol e outros deportes, e reivindicou o deporte “como un elemento clave da nosa sociedade”.

A Secretaria de Estado de Igualdade e candidata ao Congreso pola provincia de Ourense, Laura Seara, destacou que o deporte se rebelou como sinal de identidade de moitos países, e tamén como ferramenta para fortalecer a imaxe do noso país grazas aos éxitos do deporte español.

Seara apuntou tamén a importancia do deporte como elemento saudable, como eficaz vehículo de transmisións de valores especialmente entre os máis novos e o seu significado para a igualdade de oportunidades.

En clave de igualdade, lembrou os convenios asinados co Comité Olímpico Internacional e o Consello Superior de Deporte para fomentar o deporte feminino, e para acabar coa invisibilidade das mulleres no deporte, para o que se asinou un convenio con RTVE para dedicar tempo aos éxitos deportivos das mulleres .

Tamén sinalou Seara a Lei de Prevención de Violencia no ámbito do Deporte, e a importancia do deporte no Goberno de Zapatero, como amosa o feito de que a Secretaría de Estado para o Deporte dependa directamente de Presidencia.

O senador e candidato Miguel Fidalgo salientou que a forma de entender o deporte dos socialistas é distinta que a que ten a dereita, porque o entendemos como “o deporte para todos”, ademais do deporte profesional.

É unha forma de socialización, de integración e de transmitir valores de esquerda, como o esforzo persoal o sacrificio ou a cooperación.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar