Pachi Vázquez aposta por “dedicar tódolos recursos a blindar a sanidade e a educación e investir en emprego”

Pachi Vázquez aposta por “dedicar tódolos recursos a blindar a sanidade e a educación e investir en emprego”

Pachi Vázquez aposta por “dedicar tódolos recursos a blindar a sanidade e a educación e investir en emprego”

O candidato socialista á presidencia da Xunta comprometese a anular os concertos educativos que segreguen por sexos e a buscar consenso en torno á gratuidade dos libros de texto

Mantivo un encontro en Ourense con asociacións, con pais e nais, con mestres e mestras e con sindicatos onde debateron en torno ao futuro da educación en Galicia.

O candidato socialista á Presidencia da Xunta de Galicia, Pachi Vázquez, apostou por “dedicar tódolos recursos a blindar a sanidade e a educación e a investir en emprego”. Así o dixo esta tarde en Ourense, onde mantivo unha reunión en materia educativa con asociacións de nais e pais de alumnos –Anpas-, mestres e mestras e sindicatos do sector.

Pachi Vázquez defendeu o modelo socialista educativo, xa que, segundo afirmou, “a educación é a alma do socialismo, o fundamento básico do noso partido”. Apuntou que “hai outro camiño” diferente ao de Feijóo e Rajoy, xa que “a saída da crise pasa pola universidade, polo coñecemento, pola educación e pola competitividade. Ou facemos algo ou este país está morto”.

Vázquez que explicou a súa proposta para anular os concertos públicos cos colexios que segreguen por sexos, garantindo un aforro de 3 millóns de euros que permitiría libros de texto gratuítos para o 90 por cento dos alumnos, logo de consensuar a fórmula coas Anpas.

Ademais, afirmou que os socialistas establecerán un modelo para que os nenos e nenas accedan aos comedores escolares, grazas aos ingresos procedentes de aumentar a fiscalidade cun imposto á banca, ás grandes superficies, aos grandes patrimonios, as empresas contaminantes e recuperar o imposto de sucesións e doacións. O obxectivo é, subliñou “canalizar todos os recursos para blindar a sanidade e a educación e investir en emprego”.

Taxas ao ensino

Vázquez criticou con firmeza a política levada a cabo pola dereita. ”Non se sae da crise subíndolle as taxas os estudantes ou cobrándolle as medicinas aos pensionistas”, ao tempo que se lembrou dos 2.700 docentes menos e aos máis de 25.000 titulados universitarios en paro.

Considerou “erróneo” responsabilizar da crise á educación e á sanidade pública, “polo que recortar nelas só traerá máis recesión, máis paro e máis drama social”. Puxo como exemplo a Cataluña, que pechou hospitais, recortou en sanidade, en educación e en servizos sociais “e cada vez debe máis cartos ata o punto de ter que pedir o rescate”.

“Os podemos parar e podemos cambiar este modelo”, afirmou Vázquez que se mostrou convencido de gañar as vindeiras eleccións. A pesar disto, afirmou non querer facer propostas imposibles de cumprir. “Imos dicir poucas cousas, pero, as que digamos, ímolas cumprir”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar