Pachi Vázquez aposta por cambiar o sufrimento sin sentido de Feijóo polo crecemento e garantía dun Estado Social

Pachi Vázquez aposta por cambiar o sufrimento sin sentido de Feijóo polo crecemento e garantía dun Estado Social

Pachi Vázquez aposta por cambiar o sufrimento sin sentido de Feijóo polo crecemento e garantía dun Estado Social

Tras ratificar o Comité Federal a súa candidatura e intervir ante os membros deste órgano de dirección socialistas, o candidato á Presidencia da Xunta de Galicia, Pachi Vázquez, compareceu ante os medio de comunicación na sede de Ferraz para expresar o seu agradecemento pola  confianza que depositan en él  todos os compañeiros do partido, “sendo consciente da inmensa responsabilidade que boto sobre as miñas costas”.

 

Vázquez sinalou que agora se abre unha fiestra de esperanza a unha Galicia distinta, “e nós imos por en marcha toda unha serie de accións políticas para demostrarlle a Galicia e España que a dereita está convertendo ás vítimas desta crise en responsables desta crise, que a esta dereita, que quere cargar os problemas  sobre os nosos pensionistas, sobre os nosos parados, sobre os nosos enfermos  e sobre os nosos estudantes, temos que parala”. Neste sento, pediu ós galegos e galegas “levantar  a cabeza, dar a volta e empezar  a construír un  modelo distinto de país”.

O candidato dos socialistas á presidencia da Xunta expresou á súa esperanza de que sexa Galicia uno dos primeiros sitios onde empecen a cambiar as cousas. “Queremos cambiar este sufrimento sinsentido que nos leva tres anos aplicando Feijóo e oito meses aplicando Rajoy”. Así, apostou por cambiar este sufrimento por crecemento, e pola garantía dun Estado social.

Na súa intervención no Comité Federal, Vázquez insitiu en que  “nesta crise non nos meteu a sanidade pública, nin a educación pública, nesta crise meteunos un modelo financeiro especulativo que de xeito desapiadado está  masacrando ás clases medias deste país”.

Fronte a esto, a líder dos socialistas galegos apostou por otra forma de facer as cousas porque  “sabemos a nosa folla de ruta e sabemos os problemas que ten Galicia”, e criticou duramente a visión “dun presidente cosmético que se preocupa sempre de si mesmo e que esquece á Galicia que está sufrindo”.

Pachi Vázquez lembrou, neste senso, ós 300.000 parados e paradas, os 730.000 pensionistas galegos,  os 350.000 enfermos en listas de espera, e os sectores lácteo, naval e pesqueiro, que se atopan  nunha situación desesperada.  “Esa é a Galicia que oculta a dereita, a Galicia que viu como se escapaba o seu sistema financiero e que agora  vai ter unha oportunidade de sair adiante” .

Sinalou tamén que as eleccións galegas non son só galegas,  “son a lexitimación  ou non do ultimo arreón de Rajoy contra o estado social, contra a sanidade, contra a educación e contra todas as política sociais”.

Neste intre, destacou a técnica que Rajoy intentou en Andalucía, en Asturias “e que agora quere intentar en Galicia, a técnica de primeiro as eleccións e despois  as decisión”. O candidato dos socialistas galegos á presidencia da Xunta acusou á dereita  de ocultar o que vai pasar a partir do 21 de outubro,  e  lembrou que o de  Galicia non é un adianto técnico, “é un adianto calculado con maioría absoluta para acurtar prazos e para que os galegos e galegas  vaian votar sen saber todas as medidas que a dereita quere aplicarlle a este país”.

 

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar