Pachi Vázquez aposta por acadar a maioría absoluta no Carballiño fronte "ao PP de sempre que paralizou todos os proxectos"

Pachi Vázquez aposta por acadar a maioría absoluta no Carballiño fronte "ao PP de sempre que paralizou todos os proxectos"

Pachi Vázquez aposta por acadar a maioría absoluta no Carballiño fronte "ao PP de sempre que paralizou todos os proxectos"

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, destacou o traballo que os socialistas galegos están a realizar no Carballiño e sinalou que o principal requisito para gañar as eleccións “é quererlle ao Carballiño e ir porta por porta a coñecer os problemas dos veciños”. Destacou que o candidato á alcaldía, Francisco Fumega “faino como ninguén e por elo vai acadar a maioría absoluta”, porque “o seu corazón é O Carballiño, e o coñece recuncho por recuncho”.

Criticou que hoxe o PP viñese ao Carballiño a pedir o voto porque, advertiu, “os que hoxe estiveron aquí convidando a viños, son os mesmos que pararon este pobo cando gobernaban”.“Deixade que eles fagan hoxe a festa, e eu convídovos á festa do 22 de maio á noite para celebrar a maioría absoluta de Fumega”, proclamou.

“Sabemos que o que estamos a facer é construír o noso pobo, mentres o PP pasea pola rúa invitando a viños para gañar votos. Da Deputación de Ourense non nos compren viños, o que nos compre son investimentos”, sentenciou.

Lembrou así que “o paseo do río do Carballiño tivo que esperar dende 1996 ata o 2006 porque o PP o paralizou” e que “onde vemos hoxe a depuradora, lembrade que o PP durante anos non a quixo facer”. “Preguntádelle a Baltar por que protestou cando levantamos a peaxe da autovía”, engadiu, para sinalar que “son os de sempre, os que sempre viñeron a paralizar o noso pobo”.

Criticou que Feijóo “non deixou un só compromiso no Carballiño” e esixiulle “que apoie aos concellos, indistintamente da súa cor política, porque non pode ser que Beariz teña unha escola taller, cando non hai ningún desempregado, mentres lla quitan ao Carballiño, que ten centos de parados aos que hai que axudar”.

“En esta sala está a maioría absoluta do PSdeG no Carballiño”, proclamou, “porque detrás do candidato, Francisco Fumega, estamos todos os que soñamos cun concello distinto, para seguir estando coa xente”.

Autobús
Pola súa parte, o ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, comparou a España cun autobús “que o Goberno socialista leva adiante, co apoio de todos” mentres o PP dedícase a boicotealo: “Mayor Oreja pinchando o autobús, Aznar botando azucre e no deposito para logo dicir que non carbura, Trillo e Pons que insultan ao conductor a ver si se despista, e Camps, que cando lle pides os cartos do ticket di que llos ten que pagar ao seu xastre, sen olvidar a Rajoy, que está durmindo na estación”.

“Feijoo mentres tanto fala de austeridade e rexeneración democrática, mantendo a Baltar en Ourense, que segue un principio que di que “toda persoa que se presente a unha oposición sofre un impulso ao aprobado equivalente á vinculación que teña co PP”, ironizou.

Criticou o concepto de Feijóo de Galicia global e avogou pola “Galicia real” porque “para falar de Galicia hai que coñecela e saber cales son os problemas da xente, tanto no mar como no interior”. “Que se pode esperar dunha persoa que di que o Plan E só serviu para facer aceras”, sinalou, á vez que pediu a Feijóo “que baixe do coche oficial e vexa todo o que se fixo nos concellos”.

Pola súa banda, o candidato á alcaldía, Francisco Fumega, incidiu nos proxectos previstos para o desenvolvemento do Carballiño, así como dos investimentos realizados polo anterior goberno socialista, como a nova depuradora ou a autovía libre de peaxe”.

Sinalou que o gran reto para os vindeiros anos é crear emprego, e avogou por modernizar o sector hosteleiro e potenciar o balneario para promocionar o turismo do Carballiño “porque temos un importante patrimonio histórico e artístico que temos que potenciar”. Salientou tamén a importancia de potenciar o polígono industrial, o sector empresarial e o pequeno comercio “e iso só é posible cunha candidatura que quere ao Carballiño e que se compromete”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar