Pachi Vázquez aposta pola reelección de Dono como alcalde de A Estrada

Pachi Vázquez aposta pola reelección de Dono como alcalde de A Estrada

Pachi Vázquez aposta pola reelección de Dono como alcalde de A Estrada

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, amosouse convencido de que “José Dono vai seguir sendo alcalde da Estrada” porque conta co aval “dunha xestión extraordinaria coa que conseguiu que esta vila avanzase de xeito importantísimo a pesares da crise”.

Vázquez, que fixo estas declaracións no acto de presentación de Jose Antonio Dono como candidato a reelección como da Estrada, lembrou ademais que “nestes últimos catro anos, a Estrada mellorou sensiblemente as infraestruturas e os equipamentos públicos municipais” porque “tivo o apoio do goberno socialista da Xunta e do goberno socialista de Madrid”.

Pola contra, Pachi Vázquez lamentou que “estes dous últimos anos, tanto para Galicia como para A Estrada, foron dous anos en branco”. “Paralizáronse moitos dos proxectos que estaban en marcha e produciuse un gran deterioro nos modelos sociais e de servizos públicos, que para nós son absolutamente esenciais”, denunciou.

Vázquez apuntou que “a débeda da Xunta coa Estrada é moi grande, incluso podemos falar dun auténtico aldraxe”, e puxo como exemplo o retraso da Cidade do Moble, que é totalmente inxustificado, ou da autovía a Santiago, que o anterior goberno deixou planificado que se rematara en 2013 e agora xa se fala do 2015”.

O líder dos socialistas referiuse tamén ao proxecto do abastecemento do Umia, “que nós deixamos en execución e xa tiña que estar rematado, pero non está” e recriminoulle ao goberno galego que estea a usar o Plan Xeral da Estrada como un instrumento “político e partidista”.

Con relación ao sector do moble, Pachi Vázquez lembrou que “presentamos iniciativas parlamentarias para poñer en marcha un novo Plan Renove de mobiliario; pedimos ampliación das axudas, maior duración do Plan e convenios específicos cos comerciantes, pero foron rexeitados pola maioría do PP”.

Vázquez advertiu tamén de que “o PP rexeitou tamén a posta en marcha dun Plan de incentivos á industria do moble” e rematou chamando a atención sobre o feito de que un deputado da Estrada, Xosé López, xunto co resto de deputados do PP, impediu a aprobación de todas estas iniciativas que beneficiarían á Estrada: “É incrible que un deputado votara en contra dos intereses dos seu pobo”.

O líder dos socialistas subliñou que “esta é a verdadeira cara do PP, votar en contra de todo, incluso dos intereses dos veciños” ante o que concluíu que “o mellor antídoto contra eles é elixir a xestores municipais que garantan os dereitos sociais dos cidadáns e o desenrolo económico, como Dono.

Vázquez concluíu dicindo que “Dono e a súa candidatura son a mellor garantía para que se leve a cabo o mellor plan de todos para a Estrada, como así o amosaron durante esta lexislatura”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar