Pachi Vázquez aposta pola innovación e a competitividade para saír á crise, blindando os servizos públicos

Pachi Vázquez aposta pola innovación e a competitividade para saír á crise, blindando os servizos públicos

Pachi Vázquez aposta pola innovación e a competitividade para saír á crise, blindando os servizos públicos

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, visitou hoxe os concellos de Tomiño e A Guarda, no marco da campaña Galicia, a nosa tarefa, que está a desenvolver o PSdeG para recoller as inquedanzas e propostas dos cidadáns a través dos concellos e dos colectivos veciñais, empresariais, culturais e sociais.

Vázquez achegouse hoxe á empresa Tu Menú Goián, en Tomiño, para coñecer de primeira man o traballo que desenvolven un grupo de mulleres emprendedoras deste municipio. O líder socialista destacou o traballo realizado por unha empresa que ademais recibiu o premio á Muller Emprendedora Rural.

“Vimos a escoitar e a aprender de mulleres que son capaces de poñer en marcha unha empresa innovadora, competitiva e que está a abrir novos nichos de mercado”, sinalou. “Unha empresa que demostra que cando a xente pon a cabeza, traballa e abre novos horizontes comerciais, hai moitas posibilidades”.

Vázquez amosou a súa preocupación porque o Goberno galego “tirou a toalla” e non só non é capaz de reactivar a economía e fomentar o emprego senón que as previsións apuntan a que no vindeiro ano destruíranse 50.000 empregos máis.

“Fronte a isto, os socialistas estamos a traballar para dar alternativas e estamos percorrendo Galicia e comprobando que hai xente que fai cousas novidosas, como esta empresa”, apuntou.

Así, considerou como “elementos clave para saír da crise en Galicia, a innovación, as novas tecnoloxías, a apertura de novos nichos de mercado e a competitividade”.

Lembrou que “agora mesmo, a labor máis importante do PSdeG é serlle útiles á sociedade galega, ser capaces de darlle alternativas políticas fronte a un goberno do PP que está esgotado”.

Tras realizar estas declaracións en Tomiño, o líder dos socialistas galegos achegouse ata o concello de A Guarda, onde visitou o Colexio de San Xerome, a fin de coñecer de primeira man a problemática que atravesa este centro de nenos e nenas discapacitados psíquicos.

Alí mantivo un encontro coa directiva do centro e trasladoulle a necesidade de blindar políticas sociais básicas como a dependencia, a sanidade e a educación, a fin de garantir o funcionamento de centros como este. Unha proposta que o líder dos socialistas galegos xa lle transmitiu ao presidente da Xunta en vía parlamentaria.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar