Pachi Vázquez aposta en Uruguai por saír da crise “todos xuntos, sen deixar a ninguén atrás”

Pachi Vázquez aposta en Uruguai por saír da crise “todos xuntos, sen deixar a ninguén atrás”

Pachi Vázquez aposta en Uruguai por saír da crise “todos xuntos, sen deixar a ninguén atrás”

O candidato do PSdeG-PSOE á Xunta, Pachi Vázquez, apostou en Uruguai por saír da crise “todos xuntos, sen deixar a ninguén atrás”, contando para elo coa comunidade empresarial existente en Uruguai. Así o dixo logo dun encontro de traballo co presidente da República de Uruguai, José Mújica, na sede do goberno daquel país.

O líder socialista transmitiulle ao presidente de Uruguai, José Mújica, a vontade de presentar unha proposta política que afronte a saída da crise “unidos, sen deixar a ninguén polo camiño, e centrada no crecemento económico”. Vázquez explicou, nunha comparecencia ante os medios, que tamén trasladou esta mensaxe aos membros da Asociación de Empresarios Galegos en Uruguai, cos que mantivo un encontro.

O candidato socialista lembrou que en Uruguai hai 30.000 cidadáns que votan en Galicia, e animounos a “apostar pola esperanza e o optimismo”. “Nestes intres non hai espazo para ser demagogos nin populistas. Hai un escenario difícil onde todos temos que responder unidos para cambiar a economía especulativa pola produtiva”, apuntou.

Así, avogou por combinar o crecemento económico e o empresarial tendo en conta o tecido empresarial existente en Uruguai. “Podemos aproveitar os coñecementos e elementos de desenvolvemento, e seguir o diálogo para crear espazos de oportunidade entre Galicia e Uruguai”, salientou.

Falecemento de Santiago Carrillo

Pachi Vázquez lamentou o falecemento de Santiago Carrillo, ao que definiu como “unha persoa que viviu etapas importantísimas na transición española, abrindo un vieiro de entendemento entre todas as formacións”.

Expresou por elo un sentimento de respecto por unha persoa “que soubo convivir nuns tempos de transición, co diálogo e a concordia sempre enriba da mesa”.

32641281A

Artigos relacionados

1 Comentarios

Deixar a resposta

Pechar