Pachi Vázquez aposta en Madrid por "un proxecto incluínte" logo das eleccións xerais

Pachi Vázquez aposta en Madrid por "un proxecto incluínte" logo das eleccións xerais

Pachi Vázquez aposta en Madrid por "un proxecto incluínte" logo das eleccións xerais

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, chamou aos socialistas a superar a situación derivada das pasadas eleccións xerais “entre todos, cun proxecto incluínte e non excluínte”. Así o dixo no Comité Federal do PSOE celebrado hoxe en Madrid, na que augurou que Rajoy aplicará en España o modelo de Feijóo de “desguace do Estado Social sen xerar un só posto de traballo.

Vázquez dixo hoxe que o PSOE afronta un “debate apaixonante” do que deben derivar “solucións colectivas e nunca individuais”. Chamou a artellar un “proxecto incluínte porque no momento máis difícil para o socialismo español facemos falta tódolos socialistas, coa humildade suficiente para entender que ninguén é capaz de superar esta situación en solitario”.

Salientou a necesidade de “combinar a atención aos cidadáns co debate democrático” para “afrontar un 2012 no que o PP, logo de agochar o seu programa, vaino poñer enriba da mesa como pasou en Portugal, Grecia ou moitos países”. O futuro Congreso, dixo, debe compaxinar un “cambio profundo na organización política” ao tempo que “atende a millóns de cidadáns que van vivir un dos peores anos da democracia”.

O líder dos socialistas galegos amosou hoxe a “responsabilidade compartida co secretario xeral, Zapatero, e o candidato Rubalcaba, e a nosa solidariedade nos resultados” das pasadas eleccións. Estes son responsabilidade compartida de todo o PSOE porque, engadiu, “enfrontámonos á tormenta económica perfecta” nunha “campaña de 15 días para un drama que empezou en 2010”.

Dixo que a solución debe vir da man dun “debate en profundidade e de escoitar aos militantes, ás bases do partido e tamén aos dirixentes para que quen dea o paso para dirixir o partido o faga a través dun proceso incluínte”.

Modelo de Galicia

Pachi Vázquez sinalou hoxe que Rajoy aplicará en España o modelo de Feijóo, que supón o “desguace do Estado Social sen xerar un só posto de traballo”. Adiantou que “millóns de cidadáns van vivir nos próximos dous anos a realidade que vivimos en Galicia dende hai tres anos, que é que a dereita non ten solucións para estaa crise”.

Dixo que “nestas condicións fai mais falla que nunca un PSOE compacto, unido, atento ás solucións dos problemas da xente”. Sinalou a situación que está a vivir Portugal, onde meses despois dun cambio de goberno viviron a súa primeira folga xeral, o que evidencia que “as vitorias electorais xa non son sinónimo de solucións para a xente”.

Apuntou que “moita xente, mesmo quen non votou, vai levantar a cabeza para ver si enfronte hai un partido que nestes momentos durísimos volva albergar e recuperar ese voto que se refuxiou en formacións minoritarias e que está esperando un destino sólido como é o PSOE”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar