Pachi Vázquez anuncia unha ofensiva en concellos e Parlamento para evitar a desaparición de facto de 293 concellos galegos

Pachi Vázquez anuncia unha ofensiva en concellos e Parlamento para evitar a desaparición de facto de 293  concellos galegos

Pachi Vázquez anuncia unha ofensiva en concellos e Parlamento para evitar a desaparición de facto de 293 concellos galegos

Os socialistas presentarán unha moción en concellos, deputacións e no Parlamento de Galicia para que se inste ao Goberno do Estado a non aprobar ningunha reforma da Lei de Bases de Réxime Local sen o consenso das federacións territoriais de concellos e da Femp

A iniciativa inspírase na aprobada por unanimidade na Fegamp a instancias do Grupo Socialista

A proposta unilateral dos populares pretende entregar a autonomía local dos municipios de menos de 20.000 habitantes “ós órganos con menos transparencia democrática”, as deputacións

O Secretario Xeral do PSdeG denuncia que a intención do PP coa reforma municipal é a privatización das políticas locais e que provocaría un “maior control partidista e caciquil” e “menos eficiencia económica”

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, anunciou, logo dunha reunión de traballo con alcaldes socialistas, a presentación dunha moción para que, desde as institucións galegas se inste ao Goberno do Estado a que, non se aprobe unha reforma da Lei de Bases de Réxime Local que non saia do consenso previo coas federacións territoriais de municipios e coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

Os socialistas levarán a todos os concellos galegos, deputacións e ao Parlamento de Galicia esta iniciativa que se inspira na proposta aprobada por unanimidade na Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) a instancias do Grupo socialista.

O dirixente socialista acusou ao PP de querer “acabar de xeito unilateral” coa Lei de Bases de Réxime Local, pola que se rexe o funcionamento da administración máis próxima e mellor valorada pola cidadanía. Reprochoulle aos populares que, nin no seo do seu propio partido atoparan consenso para sacar este proxecto que se ía aprobar en primeira instancia a semana pasada, logo no Consello de Ministros de mañá e agora foi obxecto dun novo freazo.

De aprobarse a lei tal e como propoñía o Executivo de Rajoy, salienta Vázquez, en Ourense e en Lugo non quedaría nin un só concello, agás as correspondentes capitais. No total de Galicia, sumou o líder do PSdeG, só 22 concellos de 315 poderían sobrevivir a esta reforma, que limita as competencias dos concellos de menos de 20.000 habitantes.

Para Pachi Vázquez o máis preocupante e que os populares pretenden entregar a autonomía local destes municipios “ós órganos con menos transparencia democrática”, as deputacións. “Imaxínanse entregar toda a autonomía local dos concellos á Deputación de Ourense?” preguntou o dirixente socialista.

Para o socialistas, os populares están a rematar cun xeito de vida nos municipios rurais. “Pechan xulgados, PACs, e agora os puntos de atención política de proximidade que son os concellos”, apuntou o socialista.

Comparte Pachi Vázquez a necesidade de ser eficientes e optimizar recursos na política local, pero o camiño que emprendeu unilateralmente o PP só nos vai levar a “maior control partidista e caciquil”, a “menos eficiencia económica” e a “romper a participación democrática dos cidadáns á hora de rexer os seus destinos”.

Pachi Vázquez denuncia que a intención do PP coa reforma municipal é a “privatización das políticas locais”. Logo da Educación e a Sanidade, agora tocaríalle á recollida de lixo, ós abastecementos de augas, ós servizos sociais...

En nome dos socialistas galegos, Vázquez trasladou a invitación a todas as forzas políticas do país “a dicirlle a Madrid alto!”, e celebrou o apoio acadado de xeito unánime no seo da Fegamp así como que a lei non se someta a aprobación no Consello de Ministros de mañá.

Recorda que a proposta se fai desde Galicia, comunidade que alberga 34.000 dos 64.000 núcleos de poboación de España.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar