Pachi Vázquez anuncia unha nova fiscalidade para bancos, grandes fortunas e superficies comerciais

Pachi Vázquez anuncia unha nova fiscalidade para bancos, grandes fortunas e superficies comerciais

Pachi Vázquez anuncia unha nova fiscalidade para bancos, grandes fortunas e superficies comerciais

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, instou a que paguen a crise “os que nos meteron nela, os que mais teñen”. Nun encontro con emprendedores que tivo lugar en Pontevedra, afirmou “hai que repartir a carga, e que esa carga vaia sobre quen ten mais recursos económicos”.

Pachi Vázquez visitou un viveiro de empresas onde propuxo incrementar a fiscalidade a entidades financeiras, grandes patrimonios e superficies comerciais. Neste encontro estivo acompañado dos candidatos da lista socialista pontevedresa, Abel Losada, Carmen Gallego e Patricia Vilán.

Enviou unha mensaxe moi clara de apoio aos emprendedores, cos que comprometeu investimento en “novas tecnoloxías, a simplificación dos trámites administrativos e axudas directas dende o Instituto Publico de Crédito e Finanzas”.

Estas medidas permitirían obter suficientes ingresos adicionais para garantir que “non lle saquen nin un euro mais” aos cidadáns con máis dificultades. Dixo que “a maioría dos galegos e galegas quere un cambio en Galicia que nos permita saír da crise pola esquerda” para aplicar estas propostas, e puntualizou que “sei todo o que quere cambio o día 21 vota cambio, haberá cambio”.

O responsable socialista cualificou a Feijóo de “gran manipulador” e chamou a “dicírllelo o día 21 co noso voto”. Deste xeito, salientou que “Feijoo enganounos coas súas promesas electorais, con Pemex, coas caixas e coas súas facturas, así como co control do déficit que agora coñecemos e que nos sitúa á cola das comunidades de España”.

32641281A

2 Comentarios

  1. Oy por la mañan manifestacion de funcionarios por la calle san andres ,les acompañe apesar que nose consige nada no hacen caso,ay que ir a votar y saber a quien se vota,nosotros no somos iguales ,nuestro partido no hace milagros,las cosas se hacen de apoco para ir mejorando (otros estan para empeorarlas) tenemos fe en nosotros –animo compañeros____—

Deixar a resposta

Pechar