Pachi Vázquez anuncia unha Lei de Mobiliade de Terras para sancionar a competencia ilegal na agricultura e impulsar o emprego

Pachi Vázquez anuncia unha Lei de Mobiliade de Terras para sancionar a competencia ilegal na agricultura e impulsar o emprego

Pachi Vázquez anuncia unha Lei de Mobiliade de Terras para sancionar a competencia ilegal na agricultura e impulsar o emprego

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, comprometeuse en Lugo a aprobar unha nova Lei de Mobilidade de Terras que remate coa especulación e a intensificación da inspección para frear a competencia ilegal na agricultura. Así o dixo nun mitin no que interveu xunto co secretario xeral do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba, e no que tamén participaron a candidata socialista Concepción Burgo e o alcalde de Lugo, Xosé López Orozco.

O líder dos socialistas galegos comprometeuse hoxe en Lugo en aprobar unha Lei de Mobilidade de Terras para rematar coa especulación no mercado leiteiro e rematar coa situación actual na que a produción de leite custa mais que o produto final. Anunciou unha serie de medidas para garantir un mellor prezo para o leite que permita “competir en custes con Francia”.

Na súa intervención, comprometeuse a presidir “un goberno que lle bote o que hai que botarlle” para que “cando as distribuidoras se estean rindo dos nosos produtores lles mande inspectores para rematar coa competencia ilegal contra a xente do campo”. Presentouse como un presidente “coa cabeza e o corazón en Galicia” en contraste cun Feijóo “que vai de platós a Madrid a dar leccións de todo mentres non arranxa nada”.

Pachi Vázquez comprometeuse a traballar para impulsar a economía produtiva de Galicia como no sector agrario para “crear economía, crear emprego e defender os dereitos dos homes e mulleres do noso país”. Dixo que “nos non vamos ir con contos de arranxar isto en 45 días, pero eu dende o primeiro día traballarei” para “darlle a volta á economía”.

Acusou a Feijóo e Rajoy de “dirixir ao país cara ao rescate para rescatar aos bancos e non aos cidadáns”. Criticou que queiran axudar ao sistema financeiro, o principal responsable da crise, “co diñeiro dos que xa non lles queda case nada, como os pensionistas, os parados, o recorte dos dereitos ou o diñeiro dos enfermos que teñen que pagar os medicamentos”.

O responsable socialista propuxo un modelo social que aplique mais impostos á banca –como Andalucía, Estremadura e Canarias- e ás grandes fortunas para que teña que “pagar mais quen mais ten para axudar a quen mais falla lle fai”. Dixo que estas medidas permitirán acceder a novos recursos para garantir “emprego, sanidade, educación, dependencia e igualdade entre homes e mulleres”.

Engadiu que Feijóo aumentará un 140 por cento os custes da auga logo de cobrar os medicamentos e eliminar os libros de texto gratuítos, e logo de mandar ao paro a 6.000 homes e mulleres cada 45 días “un novo parado cada dez minutos”. Advertiu que a súa próxima medida vai ser ir “a saco” pola caixa das pensións “para tratar de pagar parte do rescate”.

Dixo que mentres o PP non presenta o seu programa “porque non o teñen” os socialistas recuperarán os libros de texto gratuítos, retirarán o copago aos pensionistas e farán 25.000 bolsas contrato para mozos e mozas e 28.000 contratos para mulleres e parados de longa duración.

Engano

O candidato socialista explicou que a Feijóo “quédanlle cinco días de seguir enganando a este país” logo de ter agochado 411 millóns de euros de déficit, de “fundir” o sistema financeiro, de enganar cos supostos contratos de Pemex e, agora, de “insultar aos nosos compañeiros e candidatos”.

Explicou que “as enquisas non fan gobernos, os gobernos os fan as urnas cando se abren o domingo pola noite”, e chamou aos indecisos a “abrir camiño a un futuro distinto, con ilusión e esperanza” e a “non resignarse” mentres o PP “dinlle aos nosos que xa non hai nin que ir votar porque está todo dito”.

Dixo que hoxe a metade dos galegos e galegas queren cambio de goberno, fronte ao 34 por cento “dos do PP” que queren seguir co goberno de Feijóo, polo que “hai que conseguir que a metade dos galegos que quere cambio vaia ás urnas” porque o próximo goberno vaise decidir “por un puñado de votos”.

Toneladas de sufrimento

Pola súa parte, o secretario xeral do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba, advertiu, en alusión ao xuízo do Prestige que comeza mañá, logo de dez anos da catástrofe, que o PP “non ten aprendido nada, seguen a ser insensibles e torpes”. Dixo que si daquela “tras dos hilillos de plastilina había toneladas de chapapote, hoxe tras do programa do PP hai toneladas de sufrimento”.

Dixo tamén, en alusión a Feijóo e a súa estratexia de separarse na campaña de Rajoy e das siglas do PP, que “alguén que agocha ao seu xefe de filas é porque ten moitas cousas que agochar na súa política e non é de fiar”. Criticou a súa “arrogancia, insensibilidade e torpeza”, como no momento de anunciar unha baixada das pensións mentres “subían o IRPF e o IVE e aplicaban o copago”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar