Pachi Vázquez anuncia unha campaña en toda Galicia para rexeitar o copago sanitario

Pachi Vázquez anuncia unha campaña en toda Galicia para rexeitar o copago sanitario

Pachi Vázquez anuncia unha campaña en toda Galicia para rexeitar o copago sanitario

Pachi Vázquez anunciou, na Festa Socialista de Catoira, que o PSdeG-PSOE impulsará unha campaña por toda Galicia para rexeitar o copago sanitario na nosa Comunidade. Dixo que presentaran propostas no Parlamento Galego, nas Deputacións e nos Concellos de Galicia “vamos a facer unha proposta clara para rexeitar que se pague un euro por receta”. Criticou ademais as declaracións da conselleira de Sanidade e de Feijoo sobre este tema “os dous din que lles parece ben”, e proseguiu “pero para iso estamos os socialistas galegos, nos dicimos que non o vamos a tolerar”.

O líder dos socialistas galegos fixo esta declaración na vila pontevedresa de Catoira donde partici

pou nas na VIII Festa Socialista da Rosa.

Vázquez emprazou a Núñez Feijoo a atopar novos recursos para financiar a sanidade “mediante os impostos á banca, como se fai en Estremadura ou Andalucía”. Sinala ademais que este imposto poderíase recadar 60 millóns de euros “que é moito mais do que recadarían cobrándolle aos nosos enfermos e pensionistas”, xa que advirte que “o 80% das receitas son consumidas por pensionistas, os cales teñen como ingresos unha media de 745 por mes, e agora queren cobrar un euro por receta cada vez que van ao medico”.

Preguntado polos xornalistas sobre o acordo da Xunta de Galicia coa empresa Brenntag, por mor do verquido ocorrido en Caldas de Reis cualificou de “escándalo” que “lle regalen a unha multinacional alamana 5 millóns de euros”.

E lembrou que a Xunta de Galicia investiu naquela catástrofe 9 millóns de euros, “que non son danos hipotéticos, son facturas que pagou o pobo galego e os cidadáns deste pais, e agora ven o goberno de Feijoo decide que lle perdoa a metade”, resumiu.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar