Pachi Vázquez anuncia un paquete de emendas socialistas aos Presupostos do Estado para Galicia

Pachi Vázquez anuncia un paquete de emendas socialistas aos Presupostos do Estado para Galicia

Pachi Vázquez anuncia un paquete de emendas socialistas aos Presupostos do Estado para Galicia

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE presidiu a reunión dos senadores e deputados no Congreso dos Socialistas de Galicia para elaborar as emendas aos PXE

Os socialistas calculan que o 80% do destinado a Infraestruturas non se vai poder executar e denuncian recortes en promoción do emprego e en políticas sociais

Segundo o dirixente socialista, resulta insultante para os galegos e as galegas que Feijóo afirmara que retirando 10.000 millóns de euros dos Presupostos se van mellorar os recursos dos galegos para a Sanidade

Preguntado polas acusacións de manipulación dos afectados polas preferentes, Pachi Vázquez acusa ao titular do Executivo de estar desnortado e abatido, de ser incapaz de resolver nin os problemas internos do seu partido Esixe a Núñez Feijóo, ao que acusa de “non estar en nada”, que se reúna con eles e busque solucións

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, ven de avanzar que, ao longo da semana que ven, os Socialistas de Galicia presentarán un paquete de emendas aos Presupostos Xerais do Estado, para facer que sexan “realistas e se poidan executar neste ano”.

O líder dos socialistas galegos reuniuse hoxe cos deputados e deputadas e senadores do PSdeG para avaliar os PXE para Galicia. A conclusión, nunha visión xeral dos Orzamentos do Goberno de Rajoy é que salientan por dúas características: en infraestruturas “por ser deseñados para non executarse” e en Políticas Sociais “para recortar a calidade de vida do noso país”.

A preocupación dos socialistas, e neso están a traballar técnicos e políticos do PSdeG no proceso de confección das emendas, é elaborar un grupo de emendas encamiñadas a lograr que, en Infraestruturas “todos eses recursos se poidan executar en 2012”. Vázquez salientou que os socialistas teñen detectado que case o 80% do investimento destinado ao AVE en Galicia, tal e como está reflectido nos PXE é inexecutable.

Citou ademais Pachi Vázquez algunhas emendas relativas a outras infrestruturas singulares, como o dique flotante de Ferrol, o Parador de Muxía, o acceso por estrada a o Porto Exterior e terceira Ronda, na Coruña, incremento de investimento na Autovía Santiago-Lugo, ou infraestruturas de interese xeral de augas para Galicia como as depuradoras de Vigo, Ourense e Santiago.

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE fixo fincapé en que, todas as emendas que defenderán no Congreso e no Senado os socialistas para Galicia están elaboradas “cumprindo estritamente e con todo rigor os límites de estabilidade orzamentaria”.

Vázquez esixiu para os Presupostos “realismo”, que non sexan “uns Presupostos ficticios” e que “sexan de utilidade para os cidadáns”. Recrimina ao goberno de Rajoy “retirarlle a Galicia 120 M€ para políticas activas de emprego, que é o que nos están retirando”.

Comprometeu o máximo dirixente dos socialistas galegos emendas “ para impulsar as políticas activas de emprego, para a Dependencia, axudas de novos recursos para I+D+i, partidas para Medio Rural, o incremento de becas e axudas para os cidadáns galegos no exterior”.

Pachi Vázquez culificou os Presupostos de “electorais”. Insistiu en que os PXE son uns orzamentos deseñados para “enganar de novo aos cidadáns deste país”, debuxando unhas partidas onde é imposible técnicamente, especialmente as de infraestruturas ferroviarias, onde o PP non poñen partidas onde se pode executar en 2012 e inflan aquelas destinadas a tramos onde non se pode actuar neste exercicio.

Citou como exemplo a partida destinada ao AVE no tramo de Lubián – Ourense, para o que se presupostaron 700 millóns de euros cando a cantidade executable nos supera os 200 millóns. Respecto ao AVE, “en Galicia temos un tema fundamental que é a conexión con Madrid, e a construción do Eixo Atlántico, en 2012 hay que destinar o diñeiro a onde se poidan executar as partidas”, dixo Vázquez, quen recriminou aos populares cargar os 700 millóns de euros, a partida maior, a unha obra da que non teñen nin os proxectos.

O PP de España non pode dar cobertura a Converxencia nas reclamacións cara o presupostado para Galicia

Preguntado polas declaracións do alcalde de Barcelona, Xavier Trias, criticando o investimento destinado a Galicia nos Presupostos, Pachi Vázquez lembrou que “o aliado do Goberno catalán é o PP de Cataluña” e espera que “o PP de España non dea cobertura” a este tipo de declaracións, que, desde o repecto político, cualificou de “opinións negativas e irreais que non comparto para nada”.

Esixencia a Núñez Feijóo de falar cos afectados e buscar solucións ao asunto das preferentes

Sobre as declaracións do Presidente da Xunta acusando aos afectados polas preferentes de estar manipulados polos partidos da oposición, Pachi Vázquez esixiu a Núñez Feijóo “o mesmo que el lle pide a Conde Roa: rigor”.

“Temos un presidente que está desnortado e abatido, incapaz de resolver os asuntos incluso dentro do seu propio partido”, dixo o líder dos socialistas galegos. “Alguén enganou a miles de cidadáns galegos e hai un presidente que ten que velar porque non queden sen o seus recursos”, reciminoulle Vázquez, “a situación é dramática e o presidente por riba os culpabiliza”.

O que ten que facer Núñez Feijóo, continúa Vázquez, é “reunirse cos afectados e transmitirlle confianza” e dicirlles que vai facer todo o posible por solucionar a situación. “O que non pode e mentirlles”, dixo en alusión ao anuncio en sede parlamentaria de 14 oficinas, cando en realidade se trataba das oficinas municipais de Consumo xa existentes.

Galicia ten un problema con este presidente, “que non está en nada”, afirma o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, porque, “das preferentes non sabemos nada, do sistema financeiro non sabemos nada, do recorte na sanidade tampouco”.

Anunciou Vázquez que a vindeira pregunta que dirixirá ao presidente en Pleno será relativa, precisamente sobre este recorte. Pareceulle insultante para os galegos e as galegas que Feijóo afirmara que retirando 10.000 millóns de euros dos Presupostos se van mellorar os recursos dos galegos para a Sanidade.

En relación á situación política de Conde Roa, Vázquez dixo que toda España está atenta ao alcalde de Santiago e ao Presidente da Xunta, e cada hora que pasa está máis perplexa. Instou ao Presidente da Xunta a que mire calquera televisión e valore a imaxe do país.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar